CINE / PROGRAMACIóNInicio

As vidas de Grace As vidas de Grace / Día 30 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Destin Cretton
País: EEUU
Ano: 2013
Xénero: Drama | Drama social. Adolescencia. Cinema independente USA. Abusos sexuais
Duración: 96 minutos
Produción: Cinedigm / Animal Kingdom / Traction Media
Guión: Destin Cretton
Dirección de Fotografía: Brett Pawlak
Música: Joel P.West

INTÉRPRETES: Brie Larson, John Gallagher Jr., Kaitlyn Dever, Stephanie Beatriz, Rami Malek, Alex Calloway, Melora Walters, Keith Stanfield, Silvia Curiel, Harold Cannon

SINOPSE: Grace (Brie Larson) é unha moza que traballa como supervisora en Short Term 12, un centro de acollida para adolescentes en situación de precariedade. Encántalle o seu emprego e vive entregada ao coidado dos mozos. Pero, ao mesmo tempo, pesa sobre ela un pasado conflitivo que a chea de angustia. A raíz do ingreso no centro dunha moza intelixente e inquieta, dáse conta de que non pode seguir eludindo os problemas que arrastra desde a infancia.

PREMIOS: 2013: Festival de Locarno: Selección oficial de longametraxes a concurso 2013: Seminci de Valladolid: Sección oficial a concurso 2013: Premios Gotham: Mellor actriz (Brie Larson) 2013: National Board of Review (NBR): Top 10 películas independentes 2013: Premios Independent Spirit: Mellor montaxe. 3 nomeamentos 2013: Satellite Awards: Nomeada a mellor canción orixinal 2013: Asociación de Críticos de Chicago: Mellor director novel. 2 nomeamentos

Un minuto de Gloria (Glory) Un minuto de Gloria (Glory) / Día 31 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Kristina Grozeva, Petar Valchanov
Xénero: Comedia. Drama | Sátira
Produción: Coprodución Bulgaria-Grecia; Abraxas Filme / Graal S.A / Screening Emotions / Aporia Filmworks
Guión: Kristina Grozeva, Petar Valchanov, Decho Taralezhkov
Dirección de Fotografía: Krum Rodriguez
Música: Hristo Namliev

INTÉRPRETES: Stefan Denolyubov, Margita Gosheva, Milko Lazarov, Kitodar Todorov, Ana Bratoeva, Nadejda Bratoeva, Nikola Dodov, Stanislav Ganchev, Mira Iskarova, Hristofor Nedkov, Dimitar Sardzhev, Ivan Savov, Tanya Shahova, Dr. Georgi Stamenov, Deyan Statulov, Decho T

SINOPSE: Cando Tsanko Petrov, un traballador do ferrocarril, atopa un millón de levs nas vías do tren, decide devolver a totalidade do importe á policía. O Estado recompénsalle por iso cun novo reloxo de pulseira... que pronto deixa de funcionar. Mentres tanto, Julia Staikova, xefa de relacións públicas no Ministerio de Transporte, perde o seu vello reloxo. Así comeza a loita desesperada de Petrov para que lle devolvan non só o seu vello reloxo, senón tamén a súa dignidade.

PREMIOS: 2016: Festival de Locarno: Competición Internacional 2016: Festival de Xixón: Mellor película, guión e premio FIPRESCI 2017: Festival de Edimburgo (EIFF): Mellor filme internacional

Fráxil euilibrio Fráxil euilibrio / Día 2 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Guillermo García López
País: España
Ano: 2016
Xénero: Documental
Duración: 83 minutos
Produción: Sintagma Films
Guión: Guillermo García López
Dirección de Fotografía: Pablo Burmann
Música: Zeltia Montes

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE: En Fráxil Equilibrio entrelázanse tres historias en tres continentes distintos: dous executivos xaponeses en Tokyo cuxas vidas se atopan encerradas nun círculo vicioso de consumismo e traballo en corporacións; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, preto do valo de Melilla, a fronteira entre África e Europa, que se xoga a vida todos os días tentando cruzar ao Primeiro Mundo e varias familias en España esnaquizadas pola crise, a especulación inmobiliaria, a corrupción política e a perda das súas vivendas. Estas historias articúlanse a través das palabras de José Mujica, exPresidente de Uruguai, quen na película proxecta unha mirada sobre temas urxentes que afectan ao ser humano contemporáneo: inmigración, crise, desafiuzamentos, globalización, consumismo e tamén supervivencia, alienación, identidade, liberdade, soidade, amor, morte.

PREMIOS: 2016: Premios Goya: Mellor documental.

Corn Island Corn Island / Día 3 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: George Ovashvili
País: Xeorxia
Ano: 2014
Xénero: Drama | Natureza. Vida rural
Duración: 101 minutos
Produción: 42filme / Alamdary Films / Arizona Films
Guión: Roelof Jan Minneboo, George Ovashvili, Nugzar Shataidze
Dirección de Fotografía: Elemér Ragályi
Música: Iosif Bardanashvili

INTÉRPRETES: Ilyas Salman, Mariam Buturishvili, Tamer Levent

SINOPSE: O río Enguri é a fronteira entre Xeorxia e a República de Abjasia. As tensións entre os dous países non diminuíron desde a guerra de 1992-93. Cada primavera, o río trae chan fecundo desde o Cáucaso ata as chairas de Abjasia e noroeste de Xeorxia, creando pequenas illas, pequenos grupos de terra de ninguén. A nosa historia comeza cando un vello granxeiro de Abjasia pon o pé nunha das illas. O ancián constrúese unha cabana para el e a súa neta adolescente, el ara a terra e xuntos sementan millo. O millo madura e a neta florece, o ancián enfróntase ao ciclo ineludible da vida.

PREMIOS: 2014: Festival Internacional Karlovy Vary: Mellor película. Filme premiado en numerosos festivais "menores" de todo o mundo, incluíndo varios Premios do Público.