CINE / PROGRAMACIóNInicio

 Dreaming Nicaragua Dreaming Nicaragua / Día 27 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado
Director: Marcelo Bukin
País: Nicaragua
Ano: 2010
Xénero: Documental
Duración: 60 minutos
Produción: Arts Engine / Fabretto Children s Foundation / Tula Films
Dirección de Fotografía: Jens Hilgendag
Música: Leonardo Martinelli

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE:

Dreaming Nicaragua é unha película sobre a esperanza. É sobre o amor á dignidade e o valor do espírito humano que, aínda que inmerso en extremas condicións tráxicas, loita por unha vida mellor, e neste caso, cun sorriso amigable. É un retrato sensible e lírico de catro nenos que viven na extrema pobreza en Nicaragua. A película lévanos máis aló das súas dificultades e dá voz aos mozos, que son sorprendentemente divertidos, esperanzados e optimistas. Un profesor de arte itinerante ofrece un espazo seguro para os catro protagonistas permitíndolles expresar os seus pensamentos máis íntimos. A través da pintura, os nenos logran esquecer por un momento a tensión da súa realidade nun mundo de soños e ideas, que contrasta coa súa vida fóra: un círculo  vicioso de fame, traballo infantil e violencia. A pesar das circunstancias extremas, os nenos e as súas familias enfrontan as súas vidas coa unidade da forza inspiradora, e o humor.
Joaquín Prada, membro de AXUNICA, achegará información sobre a actualidade en Nicaragua.