CINE / PROGRAMACIóNInicio

Erase una vez... Erase una vez... / Día 17 de Xaneiro. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Breno Silveira
País: Brasil
Ano: 2008
Xénero: Romance
Duración: 118 minutos
Produtores: Conspiração Filmes / Globo Filmes
Produción: Conspiração Filmes / Globo Filmes
Guión: Patricia Andrade
Dirección de Fotografía: Dudu Miranda, Paulo Souza
Música: Berna Ceppas

INTÉRPRETES: Cyria Coentro, Rodrigo Costa, Vitória Frate, Paulo César Grande, Thiago Martins, Rocco Pitanga

SINOPSE:

Era uma vez... no Rio conta a historia do amor verdadeiro entre unha nena rica da cidade e un rapaz do “cerro”. Dé e Nina coñécense en territorio neutro, a praia de Ipanema, e rematan profundamente namorados. Xuntos, os dous viven as alegrías, as emocións e as dificultades de vivir un amor tan grande canto improbable.

A casa de Alice A casa de Alice / Día 24 de Xaneiro. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Chico Teixeira
País: Brasil
Ano: 2007
Xénero: Drama
Duración: 92 minutos
Produtores: Superfilmes
Produción: Superfilmes
Guión: Chico Teixeira
Dirección de Fotografía: Mauro Pinheiro Jr.

INTÉRPRETES: Carla Ribas, Berta Zemel, Zécarlos Machado, Vinicius Zinn, Ricardo Vilaça

SINOPSE:

A historia ten lugar nun barrio obreiro de Sao Paulo. Alice, unha muller de corenta anos, leva 20 casada cun taxista e traballa nun salón de beleza. Viven coa nai de Alice, que cociña e limpa escoitando todo o día o seu programa de radio favorito. Alicia e Lindomar teñen tres fillos que viven con eles. O matrimonio está en crise. A vida de Alicia nun mundo laboral feminino contrasta coa forte presenza masculina na súa casa.

Meu Nome Não é Johnny Meu Nome Não é Johnny / Día 7 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Mauro Lima
País: Brasil
Ano: 2008
Xénero: Drama. Comedia | Drogas
Duración: 129 minutos
Produtores: Atitude Produções e Empreendimentos
Produción: Atitude Produções e Empreendimentos
Guión: Mariza Leão (Novela: Guilherme Fiúza)
Dirección de Fotografía: Ulrich Burtin
Música: Fabio Mondego, Fael Mondeg

INTÉRPRETES: Selton Mello, Cleo Pires, Cássia Kiss, Eva Todor, Luís Miranda, Giulio Lopes, Ivan de Almeida

SINOPSE:

Meu nome não é Johnny baséase nunha historia real. João Guilherme Estrella era un típico rapaz de clase media que viviu a súa xuventude con intensidade. Intelixente e simpático, era adorado polos pais e popular entre os seus amigos. Con espírito de aventura e bohemia, somerxeuse en todas as loucuras permitidas. E tamén nas prohibidas. Ao inicio da década de 1990, transformouse no rei do narcotráfico da zona sur de Río de Janeiro. Investigado pola policía, foi preso e o seu nome chegou aos titulares dos xornais. A película móstranos a evolución deste curioso personaxe, que pasou de simple usuario ao circuíto internacional do tráfico de drogas.

Cidade dos Homens Cidade dos Homens / Día 14 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Paulo Morelli
País: Brasil
Ano: 2007
Xénero: Drama. Thriller
Duración: 110 minutos
Produtores: Fox Filmes do Brasil / Globo Filmes
Produción: Fox Filmes do Brasil / Globo Filmes
Guión: Paulo Morelli, Elena Soarez
Dirección de Fotografía: Adriano Goldman
Música: Antonio Pinto

INTÉRPRETES: Douglas Silva, Darlan Cunha, Jonathan Haggensen, Rodrigo dos Santos, Camila Monteiro, Naima Silva, Eduardo Br Piranha, Luciano Vidigal, Pedro Henrique, Babu Santana.

SINOPSE:

Producida por Fernando Meirelles narra a historia de dous amigos adolescentes que se converteron practicamente en irmáns en medio dun mundo marcado pola violencia e as bandas vagabundas. Non obstante, a guerra de bandas porá a proba a súa antiga amizade e ameazará con sacar á luz segredos do pasado.