CINE / PROGRAMACIóNInicio

Shoots from Abyssinia. O Sur Shoots from Abyssinia. O Sur / Día 24 de Febreiro. Hora: 19:30 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.
Director: Ovidio Fernández Sánchez.
País: España
Ano: 2016
Xénero: Documental.
Duración: 98 minutos
Produción: Catarina Fernández Fondevila, Marcos Fernández Fondevila.
Guión: Ovidio Fernández Sánchez.
Dirección de Fotografía: Ovidio Fernández Sánchez.
Música: José Nine, LAR Legido, Manolo Gutiérre, Cantos e danzas das etnias Dorze e Hammer.

INTÉRPRETES: Abdi Fernández Fondevila e Abdul Fernández Fondevila.

SINOPSE:

O Sur é a segunda entrega da biloxía Shoots from Abyssinia. Parten ambas do desexo do director de que os seus fillos Abdul e Abdi realicen a viaxe iniciática das súas vidas. Se no primeiro filme, Abdul acompañado da sombra de seu pai e coa guía Historia da Etiópia de Pedro Páez, mergúllase nas orixes do seu país centrándose na metade norte de Etiopía, neste segundo filme é o pequeno dos irmáns, Abdi, o que fai a súa persoal viaxe na procura das raíces biolóxicas. Da man do seu irmán maior, métese de cheo na cultura Gurage, a etnia dos seus proxenitores, a súa propia etnia. Esta segunda viaxe, sen lugar a dúbidas, era o complemento que permitiría coñecer e recoñecer este grande país na paisaxe e na paisanaxe.