AXENDA / NOVASInicio
  • 08 Maio. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    Remata o primeiro semestre cinematográfico cun ciclo de Imprescindibles do 2016

    Imprescindibles de 2016 en maio

    O Club Cultural Valle-Inclán programa un novo ciclo de cine para rematar o primeiro semestre do ano 2017, cunha selección de filmes Imprescindibles do ano 2016. Desenvolverase no mes de maio, de acordo co seguinte programa:
    * Día   8 de maio: Paterson, de Jim Jarmusch. EEUU, 2016.
    * Día 18 de maio: Mimosas, de Oliver Laxe, España, 2016.
    * Día 26 de maio: Doña Clara, de Kleber Mendonça Filho. Brasil, 2016.
    * Día 29 de maio: Fuego en el mar, de Gianfranco Rosi. Italia, 2016.
    Todas as películas en versión orixinal, con subtítulos en castelán, agás Mimosas que os terá en galego.
    Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.