AXENDA / NOVASInicio
  • 21 Outubro. Portomarín e Lugo

    A anual ‘Festa do Socio’ facémola coincidir nesta ocasión coa tamén tradicional “pulpada” dos socios.

    Viaxe 250

    A anual ‘Festa do Socio’ facémola coincidir nesta ocasión coa tamén tradicional “pulpada” dos socios, que teremos en Portomarín e que aproveitaremos para render unha merecida homenaxe ó crego Xesús Mato Mato, pola concesión da Medalla Castelao neste ano 2018.
    Aproveitaremos a ocasión da nosa celebración visitando varios lugares, moitos deles coñecidos pero que sempre admiten novas visións e sensacións.
    Iremos primeiro, desviándonos un chisco da estrada de Portomarín, ata a igrexa románica de Sta. Mª de Mosteiro (Guntín),
    De regreso a Lugo, pararemos no Balneario onde visitaremos as actuais instalacións, herdeiras das Termas romanas de Lucus Augusti, en boa medida as grandes descoñecidas de moitos lucenses.
    No mesmo conxunto ligado ó Miño está, agora recén restaurada e peonalizada, a Ponte na que remataremos este día de festa compartida.