AXENDA / NOVASInicio
  • 15 Outubro. Salón de Actos da Casa do Saber

    Celebramos as Letras Galegas de 2018 cunha homenaxe a Mª Victoria Moreno Márquez

    Letras Galegas 2018

    Homenaxe a Mª Victoria Moreno Márquez, Valencia de Alcántara (Cáceres), 1941 - Pontevedra, 2005.

    O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2018 con un programa de actividades que abrirá este luns, día 15 de outubro, Xesús Rábade Paredes, alumno da homenaxeada, profesor e escritor, coa conferencia “A miña relación con Mª Victoria Moreno”. Será presentado por Felipe Arias Vilas, Vicepresidente do club.
    O acto, como todos os programados, celebrarase na Casa do Saber, Vicerreitorado, ás 20:00 horas. Entrada libre.
    Completan a homenaxe outras dúas actividades:
    * Día 19 de outubro: Encontro con “Os Novísimos” sobre o libro de Mª Victoria Moreno editado por Akal na súa colección Arealonga. “De 1973 a 2018 Análise”.  Participan:  Darío Xohán Cabana, académico da Real Academia Galega e escritor, Lois Diéguez, escritor, Margarita Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual, académica de Real Academia Galega, periodista e escritora e Xavier Rodríguez Barrio, escritor.  Modera Tonina Gay, Presidenta.
    * Día 25 de outubro: Mesa redonda “Debate sobre a Lingua Galega hoxe”: Teresa Cabello de la Torre (nada en Valladolid, vive en Galicia desde o ano 1976, xubilouse sendo profesora de Lingua Galega), Manuel Celso Matalobos (catedrático, xefe do departamento de Galego no Instituto Lucus Augusti  -o mesmo no que impartriu docencia Mª Victoria- e escritor) e Antón Grande (xornalista e escritor).  Modera Mª Carmen Longarela Pena, Secretaria.
    O marcador de libros de este ano será repartido entre os asistentes.
    Para este ciclo o Valle-Inclán conta cunha axuda concedida pola Deputación Povincial de Lugo.