AXENDA / NOVASInicio
  • 12 Novembro. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.

    Do 12 ao 16 de novembro de 2018 programamos a Semana de Cine do Mundo con catro películas de  outros tantos xéneros cinematográficos.
     

    Semana de Cine do Mundo 2018

    O Club Cultural Valle-Inclán programa a Semana de Cine do Mundo na que se prestará atención ao documental,  ao rodeo, baseado e  feitos reais,  a un drama colombiano baseado tamén en feitos reais,  e a un filme xaponés de animación. VOSE.
    Desenvolverase de acordo co seguinte programa: 
    * 12 de novembro: Maria by Callas, Tom Wolf - Francia, 2017
    * 13 de novembro: The Rider, Chloé Zhao, EEUU, 2017
    * 15 de novembro: Matar a Jesús, Laura Mora - Colombia, 2017
    * 16 de novembro: Your name, Makoto Shinkai – Japón, 2016
    Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.

    Máis información en Cine - Programación.