AXENDA / NOVASInicio
  • 07 Marzo. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.

    Ciclo de Cine Marzo de Muller

    Ciclo Cine Marzo de Muller

    O Club Cultural Valle-Inclán organiza o ciclo de cine “Marzo de Muller” que se desenvolverá  en VOSE, de acordo co seguinte programa:
    * Día 7 de marzo: La cazadora del águila, de Otto Bell, USA, (2016). Un dos mellores documentais do ano 2016, segundo media ducia de festivais.
    * Día 14 de marzo: Fatima, de Philippe Faucon, Francia,( 2015). Tres premios César do cine francés, mellor película, mellor guión e mellor actriz revelación.
    * Día 21 de marzo: En la sombra, de Fatih  Akin, Alemaña (2017).  Festival de Cannes: Mellor actriz (Diane  Kruger); Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa: Dous  Premios do Cinema Alemán de 5 nomeamentos, incluíndo mellor película; Critics  Choice  Awards: Mellor película de fala non inglesa e  Satellite  Awards: Mellor  película de fala non inglesa e  Mellor Actriz  (Kruger) 
    * Día 4 de abril: 1945, de  Ferenc Török, Hungría, (2017). Sete premios a mellor película en otros tantos festivais de cinema xudeu.
    Todas as proxeccións no Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e de balde, ata completar aforo.