AXENDA / NOVASInicio
  • 13 Marzo. Salón de Actos da Casa do Saber

    Comezan as Sesións de Filmoteca, en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia

    Sesións de Filmoteca: Kenji Mizoguchi

    Tralo convenio asinado entre a AGADIC  e o  Club Cultural Valle-Inclán para o ano 2019,  volven as  “Sesións de Filmoteca”,  programadas en  colaboración co CGAI- Filmoteca de Galicia.
    Iniciaranse cun ciclo dedicado ao cineasta xaponés Kenji Mizoguchi  que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
    * Día 13 de marzo: El intendente Sansho.
    * Día 20 de marzo: Cuentos de la luna pálida.
    * Día 27 de marzo: Los amantes crucificados.
    As proxeccións terán lugar no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesións de 19:30 horas.
    Entrada libre, ata completar aforo,  para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, 1€.
    Non se permitirá a entrada na sala iniciada a proxección