AXENDA / NOVASInicio
  • 03 Abril. Salón de Actos da Casa do Saber

    Paul Shrader,  Isaki Lacuesta e Juan de la Colina, directores dos filmes das Sesións de Filmoteca de abril.

    Sesións de Filmoteca no mes de abril de 2019

    O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- programa as "Sesións de Filmoteca" do mes de abril de acordo co seguinte programa:
    * Día 3 de abril: El reverendo
    Director: Paul Shrader. Países: Australia, Estados Unidos, Reino Unido. Ano: 2017.
    * Día 10 de abril: La leyenda del tiempo
    Director: Isaki Lacuesta. País: España. Ano: 2006.
    * Día 24 de abril: Maruxa
    Director: Juan de la Colina. País: España. Ano: 2019.
    * 13 estampas da traizón
    Director: Juan de la Colina. País: España. Ano: 2017.
    As dúas curtas serán presentadas polo director., Juan de la Colina, que estará acompañado por Mónica Alonso, artista plástica. Ao remate da proxección abrirase coloquio.
    Salón de Actos da Casa do Saber. 19,30 h. Entrada de balde, ata completar aforo, para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto, cota proporcional de socio, 1,00 €.
    Pecharase a porta unha vez iniciada a proxección.