AXENDA / NOVASInicio
  • 08 Maio. Salón de Actos da Casa do Saber

    Dous filmes galegos e un alemán na programación das Sesións de Filmoteca para o mes de maio.

    Sesións de Filmoteca maio 2019

    O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co CGAI -Centro Galego de Artes da Imaxe- Filmoteca de Galicia, programa tres novos filmes no mes de maio de acordo co seguinte programa:
    Día 8 de maio: Almoina: o heroe infame, de Breogán Riveiro. Será presentado polo profesor e escritor Claudio Rodríguez Fer.
    Día 15 de maio: Pelerinaxes, de Simone Saibene. Será presentado polo director
    Día 22 de maio: Pharos of Chaos, de Wolf-Eckart Bühler, Manfred Blank.
    Os dous primeiros en version orixinal en galego e o terceiro en VOSE.
    Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.