AXENDA / NOVASInicio
  • 03 Maio. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

    Asinado o convenio de colaboración entre a AGADIC e o Club Cultural Valle-Inclán. Volven as Sesións de Filmoteca

    Sesións de Filmoteca maio 2021

    O Club Cultural Valle-Inclán asinou un novo convenio de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, para a difusión de produción audiovisual na cidade de Lugo e para o que se conta co apoio da Filmoteca de Galicia.
    Asinado este convenio, retomamos as “Sesións de Filmoteca” que, durante o mes de maio e con oito películas, se desenvolverán de acordo co seguinte programa:
    * Día  3: Pauline  à la plage , Éric Rohmer. Francia – 94 min. VOSE
    * Día  5: Petite fille, Sebastien Lifghitz. Francia, 2020 – 85 min. VOSE
    * Día 10: Le  genou de Claire, Éric Rohmer. Francia – 105 min. VOSE
    * Día 12: A media voz, Patricia Pérez e Heidi Hassan. Cuba – 80 min. VO
    * Día 19: Dorothé na Vila, Alejandro Gándara, Olaia Tubío. España – 85   min. VO
    * Día 24: Ma nuit chez Maud, Éric Rohmer. Francia -105 min. VOSE
    * Día 26: Linda, Dorothy Davenport. USA – 73 min. VOSG
    * Día 31: Chungking Express, Wong Kar-wai. Hong Kong – 102 min. VOSE

    Proxeccións na Casa do Saber, ás 19:30 horas.
    O Club Cultural Valle-Inclán conta coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Lugo da USC, que cede o salón de actos da Casa do Saber (Praciña da Universidade s/n, Lugo) para desenvolver este proxecto.

    É preciso reservar entrada con anterioridade no correo cultura.lugo@usc.es