CINE
CICLO XOIAS DO CINE ASIÁTICO
* Día 13 de abril: Pleno Verán, de Tran Anh Hung.
* Día 16 de abril: The Hand,  de Wong Kar Wai.
* Día 18 de abril: Millennium Mambo, de Hou Hsiao Hsie
* Día  23 de abril: A illa espida”, de Kaneto Shindô. 

CICLO DE CINE EUROPEO. En lembranza de Ingmar Bergman e Michelangelo Antonioni.
* Día 22 de novembro: Paixón de Ingmar Bergman
* Día 23 de novembro: A tenda na Rúa Maior, de Ján Kadár, Elmar Klos
* Día 30 de novembro: Contratei un asasino a soldo, de Aki Kaurismäki
* Día 03 de decembro: Contra a parede, de Fatih Akin
* Día 04 de decembro: Blow-Up, de Michelangelo Antonioni SEMANA DE CINE. Arredor do tema  “De Camiños e Viaxes” Cunha subvención da Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación.  Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
* Día 17 de decembro: A viaxe do Emperador, de Luc Jacquet
* Día 18 de decembro: María chea es de graza, de Joshua Marston
* Día 19 de decembro: Paisaxe na néboa, de Teo Angelopoulos
* Día 20 de decembro: A Vía Láctea, de Luis Buñuel
* Día 21 de decembro: O salario do medo, de H.G. Clouzot
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado. Lugo
20,00 horas

VIAXES
* Día 11 de febreiro: O Camiño Norte de Santiago nas provincias de Lugo e A Coruña. Percorrido desde a igrexa de Goiriz (Vilalba), ata Sobrado dos Monxes.
Co patrocinio da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.
* Día 04 de marzo: Do Val do Neira ao Val do Miño, polas terras altas de Lemos. 
* Día 25 de marzo.  Castro de Coaña, Castro de Mohinas, Puerto de Vega, Luarca   (Concejo de Valdés), Viavélez (Concejo de El Franco).
* Días 16-20 de maio: París.
Día 16: Recepción no hotel e aloxamento.
Día 17: Mañá,  París panorámico. Tarde. París Medieval: Notre Dame, Sainte Chapelle e percorrido a pé pola zona.
Día 18: Mañá, París Imperial: place Concorde, St. Honoré, place Vendôme e Ópera.Tarde: Arc de Triomphe, distrito La Défense-Grand Arch. Noite, paseo polo Sena e París iluminado.
Día 19: Mañá. Musée d`Orsay e paseo por les Champs-Elysées. Tarde. Centre Ponpidou, Les Halles (no entorno queda a Bolsa de Comercio, a igrexa de Saint-Eustache, o Forum,  a igrexa de St-Merri e a famosa Tour de St-Jacques. A Tour ten un sentido jacobeo importante. Era o punto de inicio do Camiño de Santiago en París). Tarde-Noite. Subida a Montmartre, Sacre Coeur e cea  por la zona.
Día 20: Mañá, Musée de Louvre, Tour Eiffel.
Tarde: Libre,  ata a ahora de regreso
* Día 19 de maio: Día Internacional dos Museos e Noite dos Museos (días 18 e 20-maio). Visita ao museo do Castro de Viladonga e xuntanza coa Aociación de Amigos do mencionado Castro
* Días 2-3 de xuño: Santillana del Mar, Santander, Comillas.
* Día 17 de xuño:  Illa de Ons, con visita guiada pola rota do Buraco do Inferno..

* Día 24 de xuño: Festa do socio. Visita matinal a igrexa de Seteventos. Xantar no Sabiñao ás beiras do río Sardiñeira (afluente do río Miño pola marxe esquerda, no que desemboca  á altura da cola da presa de Belesar). Rota a pé
* Día 16 de setembro: Primeira etapa do “Camiño Primitivo” na provincia de Lugo,  O Acebo - A Fonsagrada.
* Día 23 de setembro: Concerto de órgano no coro alto  do  Mosteiro de Celanova, ás 13 horas. Soledad Mendive interpretará obras de D. Buxtehude e J.S. Bach.
Patrocina a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, e organizan Club Cultural Valle-Inclán e Sociedade Filarmónica de Lugo.
*Días 27 – 28 de outubro: Sanabria e Braganza. Lago de Sanabria, Puebla de Sanabria, Galende, San Martín de Castañeda e Trefacio.
* Día 11 de novembro: Monterrei, Verín, Chaves. 

CICLO: “DE CAMIÑOS E VIAXES”. Patrocina: Consellería de Innovación e Industria. S.A. de Xestión  do Plan XacobeoD
* Día 29 de outubro: Conferencia a cargo de Ramón Villares, escritor e Presidente do Consello da Cultura Galega, baixo o título Os Camiños en Galicia, Séculos XVIII e XIX (especial referencia ao ferrocarril).
* Día 27 de novembro: Conferencia a cargo de Román Gubern, escritor e Catedrático Emérito de Comunicación Audiovisual da Facultad de Ciencias de la Comunicación de la Universidad Autónoma de Barcelona,  baixo tres aspectos centrados na temática das viaxes: As Viaxes ao Espacio,  As Viaxes Xeográficas  e As Viaxes cara ao Interior dun  Mesmo.
Salón de actos da Fundación Caixa Galicia. 20,00 horas.

CONFERENCIAS E MESAS REDONDAS. Xornadas sobre a Ley de Dependencia, co patrocinio da Xunta de Galicia, Vicepresidencia. Delegación Provincial de Igualdade e Benestar de Lugo.
*Día 23 de febreiro: Ley de promoción da autonomia persoal e atención á dependencia. Presenta: Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. Ponente: Monserrat García Cedrón, médica xerontóloga. Coordinadora da Unidade de Dependencia. Secretaría Xeral de Benestar. Vicepresidencia de Igualdade e Benestar
* Día 24 de febreiro: Prevencion da dependencia. Presenta: Branca Rodríguez Pazos. Ponente: María Xesus Lago Vilaboa. Secretaría Xeral de Benestar. Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.
Salón de actos da Fundación Caixa Galicia. 20,00 horas.

CICLO O LUME, UNHA OLLADA DIFERENTE, causas estructurais, prevención e control. En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.
*Día 15 de marzo. Silvicultura e prevención de incendios forestais, conferencia a cargo de Antonio Rigueiro Rodríguez, Catedrático de Producción Vexetal da Escola Politécnica Superior de Lugo.
* Día 22 de marzo: Causas estructurais dos incendios forestais, conferencia de Francisco Sineiro García, profesor titular de Economía Aplicada, da Escola Politécnica Superior de Lugo
* Día 27 de marzo: Incendios forestais: ¿É posible o control do risco nos montes galegos?. Mesa redonda coa porticipación de: Francisco Dans del Valle, Profesor Asociado de Proxectos da Escola Politécnica Superior de Lugo. Director da Asociación Forestal de Galicia. María Rosa Mosquera Losada, Profesora Titular de Silvicultura da Escola Politécnica Superio de Lugo. Ana Daría Ruíz González, Profesora Axudante de Dasometría e de Defensa do Monte da Escola Politécnica Superior de Lugo.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado. 20,00 horas.

* Día 27 de febreiro: En colaboración coa Escola Universitaria de Formación do Profesorado, presentación e proxección do CD Un curso na escola unitaria seguido de mesa redonda.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado. 18,00 horas.
* Día 07 de maio: María Mariño: unha noiesa no Courel. Conferencia para conmemorar o “Día das Letras Galegas”, a cargo de Primitivo Iglesias Sierra, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES “A Nosa Señora dos Ollos Grandes”.
Confección dun marcapáxinas adicado á figura da homenaxeada.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.
* Día 17 de abril: Mesa redonda Ética e sociedade. Unha análise da ética na sociedade  española, ante os numerosos casos de corrupción que se están producindo. Con José Luís Díaz Prieto, filósofo, Bernardo García Cendán, sociólogo, profesor da USC é Antonio Varela Agrelo, maxistrado da Audiencia Provincial de Lugo.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.

CICLO:  OUTONO LITERARIO, TEMPO DE PROSA. Patrocina: Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
* Día 24 de outubro: Manuel Fernández Rodríguez (Lugo) Profesor da Universidade de Santiago. O ensaio galego: a textura moderna dun un iverso propio.
* Día 30 de outubro: Ánxeles Cuña (Ourense) Autora e directora teatral. Teatro, camiño de ardora.
* Día 31 de outubro: Carmen Blanco (Lugo) Escritora e profesora. Lugo atracción total
* Día 5 de novembro: Xosé Luís Axeitos (A Coruña) Secretario da Real Academia Galega. A cultura epistolar na Galicia do Rexurdimento.
* Día 8 de novembro:  Armando Requeixo (Santiago de Compostela) Profesor e crítico literario. A narrativa galega actual: o efecto trama.
* Día 9 de novembro: María Xosé Barrios Cando era tempo de inverno, María Reimóndez O Club da calceta. Diálogo a dúas: novas narradoras lucenses.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.

PRESENTACIÓN DE LIBROS
* Día 22 de febreiro: Presentación da edición facsimilar de YUNQUE –periódico de vangarda política (Lugo, 1931-1932)-. Reeditado polo Centro Ramón Piñeiro para  a Investigación en Humanidades. Coa intervención de:  Luis Alonso Girgado, director da edición e Secretario do Centro Ramón Piñeiro; e Claudio Rodríguez Fer, profesor da USC recompilador dos tres primeiros números (perdidos durante moito tempo).
Galería Sargadelos. 20,00 horas.
* Día 26 de abril: Colaboración na presentación do libro O CANTO DO MUECÍN de  Lois Dieguez.
* Día 19 de novembro:Presentación do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006
PSICOPATOLOXÍA DO RETORNO, editado por GALAXIA, da autoría de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Luís Vila, xefe de Psiquiatría de Lugo, Benxamín Casal, membro do xurado do premio, e os autores.
Salón de actos  Fundación Caixa Galicia. 20,00 horas.
* Día 28 de novembro:  Presentación de LA SOMBRA DEL ALCAUDÓN, de Aurora García Rivas. XVI Premio Internacional de Poesía Ateneo Jovellanos.  Compartirán mesa coa autora o escritor Isidro Novo e o ex presidente do Club Cultural Valle-Inclán, Xerardo Pardo de Vera.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.
* Día 13 de decembro: Poemario de Marica Campo SEXTINARIO: TRINTA E SEIS + TRES, editado por Sotelo Branco. A autora estará acompañada por Carlos Paulo Martínez Pereiro e Pilar García Negro.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.                                                                                                                                                                                                                                                                                                   
 

* Marcador Letras Galegas María Mariño