CINE
CICLO FASSBINDER: PODER E ALTERIDADE. Con subvención da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Secretaría Xeral de Comunicación. Presidencia. Xunta de Galicia. Colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia; Escola Universitaria de Formación de Profesorado e Federación de Cineclubes de Galicia.
* Día14 de abril: Katzelmacher.
* 18 de abril: Medo ó medo.
* Día 28 de abril: A ruleta china.
* Día 12 de maio: Un ano con 13 lúas.

Ciclo CINEMAS DIXITAIS 2008
Filmes Árabes, subtitulados en galego.
Cesión gratuíta da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Axencia Audiovisual Galega. Cinemas Dixitais.
* Día 13 de outubro: A erguerse e en coche ata Zigzigland
* Día  de outubro: Dunia
* Día 27 de outubro: Un conto de Sheherazade e Cinto de lume
* Día 3 de novembro:  Sombras na noite
* Día 10 de novembro: Máis alá do muro, Damos unha volta?, Aos mozos non lles gustan as vacas, O outono.

CICLO AKI KAURISMÄKI. Con subvención da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Secretaría Xeral de Comunicación. Presidencia. Xunta de Galicia. Colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia; Escola Universitaria de Formación de Profesorado e Federación de Cineclubes de Galicia.
* Día 26 de novembro:  A moza da fábrica de mistos.
* Día  1 de decembro: Nubes pasaxeira.s
* Día  3 de decembro: Juha.
* Día  5 de decembro: Un home sen pasado.

SEMANA DE CINE EUROPEO. Con subvención da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Secretaría Xeral de Comunicación. Presidencia. Xunta de Galicia. Colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia; Escola Universitaria de Formación de Profesorado e Federación de Cineclubes de Galicia.
* Día 10 de decembro.- Eu servín ao rei de Inglaterra, de Jirí Menzel
* Día 12 de decembro.- 12:08 Ao leste de Bucarest, de Corneliu Porumboiu
* Día 15 de decembro.- As caixas españolas, de Alberto Porlan
* Día 16 de decembro.- Pingpong, de Matthias Luthardt
* Día 17 de decembro.- O silencio antes de Bach, de Pere Portabella.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado. 20,00 horas.

VIAXES
* Días 1 e 2 de marzo:  Madrid organizado pola Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga,  con invitación para os socios do Club Cultural Valle-Inclán.
Día 1, Saída ás 7,00 horas. Ás 17 horas visita guiada á parte correspondente á ampliación do Museo del Prado.
Día 2, ás 10 horas visita guiada á exposición ROMA SPQR (SENATUS POPULUS QUE ROMANUS). Regreso a Lugo con parada na vila medieval de URUEÑA (VALLADOLID), Muralla (S. XII-XIII)  igrexas  de Nuestra  Señora de la Asunción (parroquial,  S. XVI)  e  Nuestra Señora de la Anunciada (S. XI-XII),  Casona de la Mayorazga,  o  Castelo (S. XII), impoñente fortaleza que formou liña divisoria entre os  reinos de Castela e León;  foi residencia habitual de María Padilla, amante de Pedro I el Cruel.
* Día 30 de marzo: Ribadeo, A Pontenova e Ría de Abres. Subida ao Monte de Santa Cruz. Figueras e Castropol.  Regreso pola praia das Cataedrais e Rinlo.
* Día 13 de abril: Grandas de Salime (última etapa do traxecto asturiano do Camiño Primitivo da Ruta Xacobea), Colexiata de San Salvador (S. XVIII),  Museo Etnográfico. Porto de O Acevo, Castro del Chao de San Martín.  Pradaira,  Penafonte e Cuíña.
* Día 30 de abril - 4 de maio:  Euskadi. Visitas guiadas á Cidade Romana de Iruña e ás obras da Catedral de Santa María, en Vitoria; cidade de  San Sebastián;  Museo  de Bellas Artes e  Museo Guggenheim, en Bilbao.  Visitas a Gernika, Mundaka e Bermeo.
* Ddía 15 de xuño: Casa Museo de Rosalía en A Matanza, Padrón. Paseo en catamarán pola ría de Arousa e degustación de mexillón a bordo. Museo da Salga (O Grove), 29 de xuño.- Festa do Socio. Ruta do Azúmara con parada para xantar no muíño de Andrés e Adela en Monelos.
* Día 2 de setembro: Km 0 (Patrocina Excma. Deputación Provincial de Lugo). Canóns do Sil. Visita complementaria ao Centro de Artesanía e Deseño.  Xantar na Casa  de  Turismo Rural de Rosende (Sober). Área de muíños recuperados do regacho do Xábrega en Arxemil, da parroquia de Anllo.
* Día 14 de setembro: San Estevo de Rivas de Sil. Coa Sociedad Filarmónica de Lugo e Asociación de Antigos Alumnos da Escola Ramón Falcón. Concerto interpretado por Quinteto de Vento, na igrexa de San Estevo ás 12,30 horas. Xantar no Parador Nacional de Turismo de San Estevo. Miradoiros do Sil e Castro Caldelas.  Desprazamento e concerto patrocinados pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
* Días 27 - 28 de setembro.- Combinado Illa de San Simón - Os mundos de Xosé María Álvarez Blázquez – Vila Nova de Cerveira (Portugal). O Castro e Castrelos (Vigo) -X.M.A.B arqueólogo-. Vila Nova da Cerveira (noite). Domingo  mañá: Os mundos de XMAB: Roteiro por Tui. Visita guiada á catedral. Xantar en Tui. Parada na casa de Coruxo,  acompañados pola súa filla Berta.
* Día 19 de outubro: Serra do Suído e val do Verdugo (interior de Pontevedera), Igrexa e Reitoral de Barciademera (O Covelo), Fornelos de Montes, área arqueolóxica de arte rupestre de  petroglifos de Tourón (Ponte Caldelas). 
* Día 4 de novembro: Km 0 (Patrocina Excma Deputación Provincial de Lugo). Río Eo.  Visita complementaria ao Centro de Interpretación do  Río Rato. Xantar en Ribeira de Piquín. Visita á praia fluvial de Chao de Pousadoiro. Santalla. Igrexa. Visita á piscifactoría e centro ictioxénico de cría artesanal de troitas.
* Día  9 de novembro: Alta Limia: Torre e igrexa de Sandiás, Torre da Pena e Convento de Trandeiras, Torre da Porquería, visita guiada ao Museo Comarcal de Vilar de Santos.
* Día 3 de novembro:  Lugo romano. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación da Muralla, na praza do Campo;  Casa dos Mosaicos en Doutor Castro e Porta Miñá. Xantar polbo.

CONFERENCIAS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Xosé María Álvarez Blázquez. Con subvención da Consellería de Cultura el Deportes da Xunta de Galicia
* Día 16 de maio: Conferencia de Darío X. Cabana, escritor e académico (RAG) baixo o título Xosé María Álvarez Blázquez: o home e o poeta.
* Día 20 de novembro: Conferencia de Pepe Cáccamo, profesor, escritor e fillo de Xosé Mª Álvarez Blázquez. A Terra, os libros, a poesía, escritor e fillo de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Presenta, Paco Arrizado.
Galería Sargadelos. 20,00 horas

CICLO O SEGREDO DE CILISTRO. Lembrando a Celestino Fernández de la Vega. Subvención da Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia
* Día 15 de outubro: Antón Baamonde. Filósofo e escritor. Conferencia:   Pensar en tempos escuros. Presenta Bernardo García Cendán.
* Día 17 de outubro: Xesús Alonso Montero. Catedrático Emérito da Universidade de Santiago. Conferencia:  A tertulia do café Méndez Núñez: a chamada tertulia dos “roxos”.  Presenta Tonina Gay.
* Día 22 de outubro: Siro López. Artista plástico e escritor.  Conferencia:  Celestino Fernández de la Vega e O Segredo do Humor. Presenta Bernardo García Cendán.
* Día 24 de outubro: Alberto Fernández de la Vega, José Luís Salgado, Juan Soto, Xulio Xiz.  Lembrando na súa voz (audiovisual). Táboa redonda: Cilistro. Modera, Benxamín Casal.
Salón de actos da Excma.  Deputación Provincial. Lugo. 20,00 horas.

CENTENARIO DO NACEMENTO DE SIMONE DE BEAUVOIR
* Día 27 de novembro: Conferencia Simone de Beauvoir. Unha reflexión sobre o seu concepto de ética,  polo filósofo e profesor Ramón Area Míguez. . Presenta Pilar Martínez Conde –Pilocha-.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.
PRESENTACIÓN LIBRO

PRESENTACIÓN LIBRO
* Día 24 de novembro: Presentación do libro El Líbano. La incrustación de un Estado-nación, de Ana Mª García Campello. Edicións Erasmus, Barcelona. Acompañan á  autora Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente  da Real Academia Galega, Xerardo Pardo de Vera e Tonina Gay.
Salón de actos de Fundación  Caixa Galicia. 20,00 horas.

Fixéronse varias visitas guiadas a exposicións da Fundación Caixa Galicia en Lugo.