CINE
* Día 30 de xaneiro: Estrea da curtametraxe Separación, dirixida por Felipe Neira, con guión de Boris Hinojo.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado. 20,00 horas.

CICLO  DIRECTORES EUROPEOS
* Día 6 de maio: O limpabotas, de Vittorio De Sica
* Día 13 de maio: House by the river, de Fritz Lang.
* Día 20 de maio: O vello e o neno,  de Claude Berri.
* Día 27 de maio: O home do tren, de Patrice Leconte.
* Día 3 de xuño: Recursos humanos,  de Laurent Cantet.
* Día 10 de xuño: Cen cravos,  de Ermanno Olmi.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado (Maxisterio). 19,30 horas.

SEMANA DE CINE DEDICADA Á NOUVELLE VAGUE, CINCUENTA ANOS DESPOIS (1959 – 2009).
* Día 29 de outubro: Ao final da escapada, de Jean Luc Godard. Cedida polo Centro de Linguas Modernas da USC.
* Día 30 de outubro: Jules et Jim, de Francois Truffaut. Cedida polo CLM da USC
* Día 2 de novembro: Cléo de 5 a 7, de Agnès Varda. Cedida polo CLM da USC
* Día 3 de novembro: A miña noite con Maud, de Eric Rhomer. Cedida pola Embaixada de Francia en España
* Día 5 de novembro: Lola, de Jacques Demy. Cedida pola Embaixada de Francia en España.
Salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado (Maxisterio), ás 19,30 horas.

CICLO CINE DO MUNDO
* Día 16 de novembro: Os limoeiros, de Eran Riklis. Israel 2008. Festival de Berlín: Premio do Público 2008
* Día 23 de novembro: Still walking (Camiñando), de Harokazu Koreeda. Xapón 2008
* Día 3 de decembro:   Man on wire, de James Marsh. Reino Unido 2008. Oscar: Mellor documental  2009;  BAFTA: Mellor película británica 2008; National Board of Review: Mellor documental do ano 2008; Círculo de Críticos de Nova York: Mellor documental 2008. 
* Día 10 de decembro: Vitus, de Fredi Murer. Suíza 2006. Premios do cine suízo 2007: mellor película; Oscar  2006: candidata por Suíza á mellor película de fala non inglesa. Varios premios do público en outros festivais.
* Día 14 de decembro: Déixame entrar, de Tomas Alfredson. Suecia 2008. Festival de Tribeca: Mellor película 2008; Festival de Göteborg: Mellor película, mellor fotografía 2008; Festival de Sitges 2008 Mellor Película Europea.
Contamos cunha subvención da Secretaría Xeral de Medios, Presidencia,  Xunta de Galicia.

VIAXES
* Día 15 de febreiro: Pazo de Trasalba (Casa-Museo de Otero Pedrayo) - Museo de Ourense (escavacións e Sala de Escultura e S. Francisco) - Xacemento castrexo e paraxe natural de Santomé).

* Día 15 de marzo: Ribeira Sacra do Miño de Chantada: igrexas de Camporamiro - Nogueira de Miño – Chouzán - Temes - (Os Peares) – Pombeiro.
* Día 1 de abril de 2009: Km 0.-  Viveiro. Visita complementaria a Ínsua de Burneiro. Patrocina Excma. Deputación Provincial de Lugo
.* Día 26 de abril: Mosteiro de Carboeiro (Silleda) - Fervenza do Toxa - Igrexa de Ansemil - Gres -Ponteledesma - Pazo de Oca.
* Días 1-2-3 de maio: Castro Ventosa – Astorga – León - Parque Natural de Somiedo – San Miguel de Escalada – Mansilla de las Mulas.
* Día 24 de maio: Ruta marítima Xacobea. -  Mosteiro de Armenteira - Torre e Capela da praia da Lanzada – Padrón - Catedral de Santiago.  Patrocina S.S. de Xestión do Plan Xacobeo.
* Día 14 de xuño: Ferreira de Pallares - Castro de Castromaior - Portomarín – San Facundo de Ribas de Miño – Mosteiro. Patrocina S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
*  Día 28 de xuño: Festa do socio.  Teso -Val do Mao-O Incio.
* Día 27 de setembro: Mariña luguesa. Castro de Fazouro - S. Martiño de Mondoñedo - Castro de Ouro -Finca Galea - Chavín e S. Pedro de Viveiro - Viveiro.
* Día 25 de outubro: As Neves (Museo Etnográfico da Capela e parque etnográfico do Sesín, baixada a pé ata o mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume - conxunto histórico de Pontedeume - Igrexa románica do Monte Bréamo - Castelo da Nogueirosa.
* Día 8 de novembro: Cambre (igrexa románica e xacemento romano musealizado) - Carral - Dolmen de Cabaleiros (Tordoia/Ordes) - Castelo de Mesía -Campamento romano de Cidadela.
* Día 21 de novembro: Visita ao Centro de Interpretación do Xacobeo en Lugo, rúa do Miño, e segunda pulpada do socio.

CICLO DE CAMIÑOS E VIAXES: O XACOBEO.  Patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
* Día 6 de novembro: Rosa Vázquez Santos.  Investigadora Isidro Parga Pondal.
Introducción á iconografía xacobea: O Apóstolo, o peregrino e o cabaleiro
Presenta: Felipe Arias Vilas.
* Día 20 de novembro: Jorge Mira Pérez. Profesor titular da área de Electromagnetismo e Director do Departamento de Física Aplicada. Facultade de Física de Santiago -USC-.
Que distancia nos separa do firmamento?.  Celebramos o Ano da Astronomía e sabemos máis de A Vía Láctea.
Presenta: Carlos Herrero Latorre.
* Día 26 de novembro: Pilar Cagiao Vila. Profesora titular de Historia de América  e Directora do Centro de Estudios Americanistas da Universidade de Santiago –USC-.
Santiago en América.
Presenta: Xerardo Pardo de Vera.
* Día 9 de decembro: Segundo Vázquez Portomeñe. Investigador sobre “Os Camiños”. Membro do Comité Asesor de Camiños de Europa.
“A ruta marítima de Arousa e Ulla no contexto dos camiños de Santiago
Presenta: Ignacio Rodríguez Eguíbar.
Salón de actos do Pazo de San Marcos. Deputación Provincial de Lugo, ás 20,00 horas.

CICLO PRODUTOS GALEGOS PROTEXIDOS CON DISTINTIVO DE CALIDADE
* Día 19 de febreiro: Pódense diferenciar os produtos con distintivo de calidade dos que non o son? O papel da información  química na clasificación agroalimentaria. Conferencia de Carlos Herrero Latorre, vicerreitor de coordinación do campus de Lugo.
* Día 27 de febreiro: Sereas no mercado. En clave de publicidade. Conferencia de Mª Ángeles Rodríguez Fontenla, profesora da Facultade de Humanidades, campus de Lugo.
* Día 5 de marzo: Evolución e importancia económica das Denominacións de Calidade en Galicia. Conferencia de  José Mouriño Cuba, Xefe do Servizo de Control de Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural.
 Salón de actos de Fundación Caixa Galicia.  20,00 horas.

EXPOSICIÓN  VALLE-INCLÁN: RETRATOS, CARICATURAS E VISIÓNS de Siro López Lorenzo, SIRO. Patrocinio e colaboración  da Deputación Provincial de Lugo, Vicepresidencia  Primeira. Cultura.
*  Día 16 de marzo: Inauguración, sala de exposicións do Pazo de San Marcos.
* Día 17 de marzo: Conferencia Literatura e ilustración con Valle-Inclán como modelo por SIRO, autor da obra exposta, artista plástico e xornalista. 
* Día 2 de abril: Conferencia Aspectos biográficos de Valle-Inclán  pronunciada por Xaquín del Valle-Inclán Alsina, profesor, escritor e investigador da obra do seu avó, Ramón Mª del Valle-Inclán.
Salón de actos de  Deputación Provincial. 18,00 horas.
Dentro deste proxecto editouse un catálogo que recolle a totalidade da obra exposta,  patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

LETRAS GALEGAS. Cunha axuda da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Tamén para un marcador de libros dedicado a Ramón Piñeiro
* Día 8 de maio: Conferencia de Luis Alonso Girgado,  asesor literario do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, Co título Olladas en Ramón Piñeiro. O xénero epistolar.
* Día 20 de outubro:  Conferencia: Ramón Piñeiro na lembranza de Benjamín Casal Vila. Vicepresidente da Editorial Galaxia (desde 1986). Amigo persoal de Ramón Piñeiro. Ex presidente do Club Cultural Valle-Inclán.
Galería Sargadelos. 20,00 horas.

A CIENCIA. Cunha  axuda da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
* Día 15 de outubro.: Conferencia: Piratas e bucaneiros: navegando entre as augas turbulentas da rede de Anxo Prado Montes. (Lugo, 1985)  Enxeñeiro de Software e Seguridade en Microsoft USA –Seatle-. Recoñecido membro da comunidade hacker na súa vertente de seguridade ética. de Economistas de Lugo.
* Día 23 de outubro: Conferencia: Darwin e a súa obra de Emilio Valadé del  Río, profesor titular de Xenética da Universidade de Santiago –USC- e  tradutor ao galego de “A orixe das Especies”.  En conmemoración do Año Darwin,  (bicentenario do nacemento e  150 anos da publicación do libro de referencia).
Salón de actos do Pazo de San Marcos. Deputación Provincial de Lugo. 20,00 horas.

CICLO DE CAMIÑOS E VIAXES: O XACOBEO. Patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
* Día  6 de novembro: Rosa Vázquez Santos.  Investigadora Isidro Parga Pondal. Introducción á iconografía xacobea: O Apóstolo, o peregrino e o cabaleiro
Presenta: Felipe Arias Vilas.
* Día 20 de novembro: Jorge Mira Pérez. Profesor titular da área de Electromagnetismo e Director do Departamento de Física Aplicada. Facultade de Física de Santiago -USC-. Que distancia nos separa do firmamento?.  Celebramos o Ano da Astronomía e sabemos máis de A Vía Láctea.
Presenta: Carlos Herrero Latorre.
* Día 26 de novembro: Pilar Cagiao Vila. Profesora titular de Historia de América  e Directora do Centro de Estudios Americanistas da Universidade de Santiago –USC-. Santiago en América.
Presenta: Xerardo Pardo de Vera.
* Día 9 de decembro: Segundo Vázquez Portomeñe. Investigador sobre “Os Camiños”. Membro do Comité Asesor de Camiños de Europa. “A ruta marítima de Arousa e Ulla no contexto dos camiños de Santiago.
Presenta: Ignacio Rodríguez Eguíbar.
Salón de actos do Pazo de San Marcos. Deputación Provincial de Lugo. 20,00 horas.

EXPOSICIÓNS CAIXA GALICIA
* Día 6 de maio: Visita guiada á Miradas fondos de Caixa Galicia desde  finais do século XIX  ata 1975.  Mostra da obra de pintores galegos ou relacionados con Galicia. Sala de Exposicións de Caixa Galicia. 18,00 horas.
* Día 21 de outubro:  Visita guiada a Os pintores de artal. Pintura española do Museo da Habana. Sorolla, Fortuny e Cecilio Plá, entre outros. 
Sala de exposicións de Caixa Galicia, 19,30 horas.

 PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS DE CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA * Día 9 de  xuño: libros de Celestino Fdez de la Vega: O segredo do humor e Seis ensaios á proba do tempo, edición promovida polo Club Cultural Valle-Inclán e que edita Galaxia. O Club solicitou á Concellería de Cultura do Concello de Lugo a colocación dunha placa na casa onde viviu os últimos anos, na rúa Dr. Gasalla, solicitude que está pendente de aprobación en Comisión de Goberno.
PRESENTACIÓN LIBRO
* Día 27 de novembro: Presentación do libro La flauta del sapo.  Poemas en castelán,  DG ediçoes  (Portugal), de Aurora García Rivas.
Galería Sargadelos, 20,00 horas.