CINE
16 de xaneiro: El último concierto de Yaron Zilberman, en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Lugo.
Complemento concerto de Lotus String Quartet, día 18 (Círculo das Artes).
* 23 de xaneiro: Documental Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández, con presentación.
* 29 de xaneiro: Documental Entreparadas, de Toño Chouza, con presentación.
* 7 de febreiro: Documental Las maestras de la república, de Pilar Pérez Solano, con presentación e en colaboración con FETE-UGT. 

CICLO DE CINE ASIÁTICO
* 14 de febreiro: Amor bajo el espino blanco,  de Zhang Yimou.
* 20 de febreiro: La historia del camello que llora, de Byambasuren Davaa.
* 24 de febreiro: Una vida sencilla, de Ann Hui.
* 27 de febreiro: Despedidas, de Tojiro Takita.

QUINTO CICLO DE CINE BRASILEÑO. En colaboración coa Embaixada de Brasil en España.
* 10 de marzo:  A ostra e o vento, de Walter Lima Jr.
* 14 de marzo:  Durval Discos, de Anna Muylaert.
* 17 de marzo:  Linha de passe, de Walter Salles – Daniela Thomas.
* 24 de marzo:  Edificio Master, de Eduardo Coutinho (documental).
Salón de actos da Deputación Provincial, 20,00 horas.

CINE MES DA MULLER: O ABORTO, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo
* 12 de marzo:  El secreto de Vera Drake, de Mike Leigh.
* 20 de marzo:  4 meses, 3 semanas, 2 días, de Cristian Mungiu.
* 26 de marzo:  El crimen del Padre Amaro, de Carlos Carrera.
Centros Sociais do Concello.

* 19 de novembro:
Encallados, de Alfonzo Zarauza. En colaboración coas Comisións de Normalización Lingüística do Campus de Lugo-USC. Coloquio
baixo o título As crises que nos afunden, con Xoán Mariño, de MrMixto e Bernardo Valdés, profesor de Economía Aplicada da USC.
Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, 20 h.

CINE CANNES
*  4 de decembro:  Seducidos e abandonados, documental de James Toback e Alec Baldwin.
* 10 de decembro: De tal padre, tal hijo, de Hirokazu Koreeda
Salón de actos da Deputación Provincial. 20,00 horas.

SEMANA DE CINE NEGRO. En lembranza de Benxamín Casal Vila
* 15 de decembro:  El sueño eterno, de Howard Hawks
* 16 de decembro:  Los sobornados, de Fritz Lang
* 17 de decembro:  Sed de mal, de Orson Welles
* 19 de decembro:  Anatomía de un asesinato, de Otto Preminger.
Salón de actos da Deputación Provincial. 20,00 horas

VIAXES
* 16 de febreiro: Pontevedra. Novas instalacións do Museo, conxunto histórico, A Peregrina, Sta. María, Mosteiro de S. Benitiño de Lérez.
* 6 de abril: Mariña occidental lucense e ría de Ortigueira: Castro da Atalaia de San Cibrao – Bares - Punta dos Prados de Espasante
Ortigueira - Serra da Faladoira – Lago das Pontes.
* 30 abril - 4 maio: Navarra (Pamplona – Tafalla e Castelo de Olite – Ujué - Cidade romana de Andelos - Puente la Reina - Igrexa de Eunate - Estella – Mosteiro de Irache).
* 25 maio: Viaxe polas terras do Guitiriz de Xosé Mª Díaz Castro.
Lugares e paisaxes que foron referencia para a inspiración poética do autor: Aldea e casa natal do Vilariño dos Vilares, igrexa e adro do Buriz, pinturas da igrexa de Labrada, ponte, fonte e igrexa de S. Alberte.
Complementado con breve charla de Alfonso Blanco Torrado e cancións de Mini e Mero.
Compartiron a viaxe profesoras e alumnos de Galego do IES Leiras Pulpeiro de Lugo
* 7 – 8 Xuño: Costa da Morte: Museo da Olería de Buño – Museo lúdico e do xoguete de Ponteceso - Dolmen de Dombate – Camariñas – Muxía
(Virxe da Barca e Mosteiro de Moraime) - Cee e Corcubión – Fisterra – Cascada do Ézaro - Carnota e Lira – Monte e lagoa de Louro - Muros (conxunto histórico, Muíño de marea do Cachón).
* 22 xuño: Festa do socio, na Torre Vilariño, O Saviñao, con visita ao Ecomuseo de Arxeriz-Fión, Anta de Abuíme,  igrexas románicas de San Lourenzo de Fión e de Santa María de Seteventos.
* 26-27-28 de setembro: Arqueoloxía, Arte e Etnografía polo Norte de Portugal: Penafiel (vila e Museo Municipal), igrexa-mosteiro de Paço de Sousa, aldea etnográfica de Quintandona, Monte Córdova (santuario e castro do Monte do Padrão), e Póvoa de Varzim (vila e Museo etnográfico).
* 8 de novembro: Pulpada do socio na Pulpería Catro Rúas. Pola tarde visita ao MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo).
* 16 de novembro: Viaxe a Monforte con visita aos museos do Ferrocarril, Colexio da Compañía e de Arte Sacra das Clarisas.

HOMENAXES
* 17 de Xaneiro: Homenaxe a Benxamín Casal Vila (1935-2013) A forza da intelixencia. (Terceiro presidente do Club Cultural
Valle-Inclán que desenvolveu o seu labor entre os anos  1973 e 1976).
Organizan Club Cultural Valle-Inclán, Editorial Galaxia e Círculo das Artes.
Círculo das Artes, 20,00 horas
* 18 de febreiro: Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co  Concello de Lugo, coloca unha placa en honor a Celestino Fernández de la Vega  (Cilistro)  na  súa casa de Dr. Gasalla, no centenario do seu nacemento. Celestino Fernández de la Vega, pensador e escritor, foi membro fundador do club e figura como o seu socio número 1.
Rúa Dr. Gasalla, 28, Lugo, 12,00 horas.

CICLO DE CONFERENCIAS “ARREDOR DE BENXAMÍN CASAL: A GALICIA AGRARIA”
* 28 de outubro: Benxamín Casal: Un alento renovador na agricultura galega,  por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático Emérito da Universidade de Santiago.  Membro numerario da R.A.G.
* 30 de outubro: Galicia potencial paraíso ecolóxico,  por Ernesto Sánchez Salgado. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Director Técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
* 4 de novembro: Os soutos de castiñeiros,  por Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor  Enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid.
* 5 de novembro: A calidade e a industrialización agroalimentaria en Galicia,  por José Mouriño Cuba. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Enxeñeiro Técnico Agrícola.
Salón de actos da Deputación Provincial, 20,00 horas.

DEBATE
* 29 de abril: Club Cultural Valle-Inclán e Editorial Galaxia programan un debate arredor do libro de Xaime Subiela: Para
que nos serve Galiza?
”(Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012).
Participan:
- Lidia Senra, sindicalista agraria.
- Grial Parga, analista cultural e crítico de cine e televisión.
- Xaime Subiela, politólogo e sociólogo, autor do libro,
Presentados e moderados por Felipe Arias Vilas, historiador e muséologo (en representación do C.C. Valle-Inclán).
Galería Sargadelos, 20,00 horas.

OUTRAS ACTIVIDADES
Edición do marcador das Letras Galegas 2014 dedicado a Xosé Mª Díaz Castro.