AXENDA / NOVASInicio
  • 21 Febreiro. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.

    O segundo ciclo de cine do ano estará dedicado ao  Documental

    Ciclo de Cine Documental

    O Club Cultural Valle-Inclán organiza un ciclo de Cine Documental que se desenvolverá entre o 21 de febreiro e o 13 de marzo, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesións de 19:30 horas, de acordo co seguinte programa:
    * Día 21 de febreiro: Homes de xeo: galegos na Antártida, de Carlos Prado Pampín. Idioma Galego.
    * Día 27 de febreiro: I  Am  Not  Your Negro, de Raoul Peck. Idioma Castelán.
    * Día 6 de marzo: Lumière! Comeza aventura, de Thierry Frémaux. Idioma Francés con subtítulos en Castelán.
    * 13 de marzo: Chavela, de Catherine  Gund,  Daresha  Kyi . Idioma Castelán.