AXENDA / NOVASInicio
  • 15 Outubro. Salón de Actos da Casa do Saber

    Celebramos as Letras Galegas de 2018 cunha homenaxe a Mª Victoria Moreno Márquez

    Letras Galegas 2018

    Homenaxe a Mª Victoria Moreno Márquez, Valencia de Alcántara (Cáceres), 1941 - Pontevedra, 2005.

    * Día 15 de outubro.- Conferencia de Xesús Rábade Paredes, alumno da homenaxeada, profesor e escritor: “A miña relación con Mª Victoria Moreno”. Presenta, Felipe Arias Vilas, Vicepresidente.

    * Día 19 de outubro: Encontro con “Os Novísimos” sobre o libro de Mª Victoria Moreno editado por Akal na súa colección Arealonga. “De 1973 a 2018 Análise”.  Participan:  Darío Xohán Caban, académico da Real Academia Galega e escritor, Lois Diéguez, escritor,  Margarita Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual, académica de Real Academia Gaalega, periodista e escritora  e Xavier Rodríguez Barrio, escritor.  Modera Tonina Gay, Presidenta.

    * Día 25 de outubro.- Mesa redonda “Debate sobre a Lingua Galega hoxe”: Teresa Cabello de Latorre (nada en Valladolid, vive en Galicia desde o ano 1976, xubilouse sendo profesora de Lingua Galega),  Manuel Celso Matalobos (catedrático, xefe do departamento de Galego no Instituto Lucus Augusti  -o mesmo no que impartriu docencia Mª Victoria- e escritor). Antón Grande Penelas (xornalista e escritor).  Modera Mª Carmen Longarela Pena, Secretaria.

    * Marcador Letras Galegas 2018