AXENDA / NOVASInicio
  • 03 Novembro. Sala da Casa do Saber, Vicerreitorado USC

    François Truffaut protagonista das Sesións de Filmoteca de novembro

     Sesións de Filmoteca: Fraçois Truffaut

    As Sesións de Filmoteca do Club Cultural Valle-Inclán terán como protagonista, durante o mes de novembro, a François Truffaut. Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
    * Día  3 de novembro: Tirade sobre o pianista, máis a curta Antoine e Colette, O amor aos 20 anos.
    * Día 10 de novembro: A serea do Mississippi.
    * Día 17 de novembro: A pel suave, máis a curta Os mocosos.
    * Día 24 de novembro: As dúas inglesas e o amor.
    Todas en VOSE.
    Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. Sesión de 19:30 horas.
    En colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio coa AGADIC.