AXENDA / NOVASInicio
  • 31 Outubro 2021. Hora: 09:00. A Coruña interior

    Volven as viaxes e percorremos A Coruña interior: de Negreira a Culleredo

    Viaxe 263

    De Negreira a Culleredo: Ponte Maceira, Negreira (Pazo do Cotón), igrexa de Gonte, Ponte de Brandomil (Zas), Sta. Comba (xantar), Cerceda, igrexa-mosteiro de Soandres, Torre-museo de Celas de Peiro (Culleredo)...

  • 28 Outubro 2021. Hora: 20:00. Salón de Actos do Vello Cárcere

    Festexamos a Xela Arias nas Letras Galegas cunha conferencia de Mª Xesús Nogueira

    Letras Galegas 2021: Xela Arias

    Busco a vida entre papeis. Achegamento á vida e á obra de Xela Arias” é o título da conferencia que pronunciará a profesora e escritora Mª Xesús Nogueira nun acto organizado polo Club Cultural Valle-Inclán en homenaxe á protagonista das Letras Galegas neste 2021.
    Mª Xesús Nogueira é Douora en Filoloxía Galega pola Univerrsidade de Santiago de Compostela, agora profesora na mesma Universidade. Foi profesora no Campus de Lugo. Escritora, ensaísta, editora. Autora de “Xela Arias, poesía reunida” (Xerais, 2018) e “Xela Arias. A literatura e a vida, por elección: Día das Letras Galegas 2021”, do que foi coordinadora, editado pola USC.
    Entrada libre. Invítase ás persoas interesadas no tema.
     

  • 25 Outubro 2021. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerritorado

    Seleccionados catro filmes Clásicos Europeos para a programación do Valle-Inclán en outubro-novembro

    Semana Clásicos Europeos

    O Club Cultural Valle-Inclán programa una semana dedicada a Clásicos Europeos que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
    * Día 25 de outubro: A eternidade e un día, Theodoros Angelopoulos. Grecia, 1998. 130 min
    * Día 26 de outubro: Alicia nas cidades, Wim Wenders. Alemaña (RFA), 1974. 110 min.
    * Día 27 der outubro: Unha xornada particular, Ettore Scola. Italia, 1977. 105 min.
    * Día 4 de novembro: Rififi, Jules Dassin. Francia, 1955. 117 min.
    Sala da Casa do Saber, Vicerreitorado USC. Sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e gratuíta.

  • 15 Outubro 2021. Hora: 20:00. Salón de Actos do Vallo Cárcere

    Presentación do libro Animal de Leticia Sierra

    Presentación do libro Animal

    O Club Cultural Valle-Inclán organiza a   presentación  do libro Animal de Leticia Sierra en colaboración co Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua e a Librería Biblos.

     A autora estará acompañada por Mª Carmen Longarela, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.
     
    Día 15 de outubro de 2021,  Salón de Actos do Vello Cárcere,  20:00 horas. Para asistir é preciso reservar entrada chamando ao teléfono 982 297 195.