AXENDA / NOVASInicio
  • 30 Outubro 2017. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    EEUU, Bulgaria, España e Xeorxia presentes na Semana de cine do mundo que se desenvolverá do 30 de outubro ao 3 de novembro de 2017

    Semana de cine do mundo

    O Club Cultural Valle-Inclán programa unha Semana de Cine do Mundo que se desenvolverá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos -Deputación Provincial-  entre o 30 de outubro e o 3 de novembro de 2017, en sesión de 19:30 horas, de acordo co seguinte programa:
    * Día 30 de outubro: As vidas de Grace, de Destin Cretton, EEUU.
    * Día 31 de outubro: Un minuto de gloria, de Kristina Grozeva e Petar Valchanov, Bulgaria.
    * Día 2 de novembro: Fráxil equilibrio, de Guillermo García López, España.
    * Día 3 de novembro: Corn Island, de George Ovashvili, Xeorxia.
    Todas en versión orixinal con subtítulos en castelán.
    Máis información en Cine - Programación.

  • 28 Outubro 2017. Hora: 12:00. Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo

    Visitamos o Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo.

    Viaxe 242

    Compartiremos un ano máis a “Pulpada dos Socios”. Antes, ás 12:00  h., visitaremos as novas instalacións do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. A partir das 14:30 degustaraemos o polbo no Restaurante Fonte do Rey 2.
     

  • 27 Outubro 2017. Hora: 20:00. Salón de Actos do Vello Cárcere

    Presentamos o libro Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade, de Luis Bará

    Presentación libro

    Presentamos o libro de Luis Bará Torres Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade.  Acompañarán ao autor María Valcárcel, en representación da ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ) e Carmen Longarela Pena en representación do Valle-Inclán.

  • 15 Outubro 2017. Hora: 10:00. de Meira a Bretoña

    Celebramos a Festa do socio do ano 2017

    Viaxe 241

    Festa do socio: Mosteiro de Meira con visita á Sala das Reliquias recén restaurada, visita e xantar no conxunto etnográfico do Mazo da Ferreiravella (Riotorto), núcleo das Rodrigas coa súa Croa castrexa, Bretoña (a antiga sé episcopal da Britonia do bispo Maeloc).