AXENDA / NOVASInicio
  • 18 Febreiro 2014. Hora: 12:00. Rúa Dr. Gasalla, 28, Lugo

    CLUB CULTURAL VALLE-INCLÁN E CONCELLO DE LUGO COLOCAN UNHA PLACA EN HONOR A CILISTRO NA  SÚA CASA DE DR. GASALLA.

    HOMENAXE A CILISTRO

     

    Cumpríndose neste ano o centenario do nacemento de Celestino Fernández de la Vega Pardo, o Club Cultural Valle-Inclán promove a colocación dunha placa a el dedicada, na fachada do edificio no que residiu unha grande parte da súa vida, Rúa Dr. Gasalla, nº 28, Lugo. Para esta merecida homenaxe contamos coa estimable colaboración do Concello de Lugo e co oportuno permiso da Comunidade de Veciños.

    Celestino, ou Cilistro, Fernández de la Vega, pensador e escritor, foi membro fundador do noso club e nos nosos arquivos figura como o seu socio número 1.

    O acto de descubrimento terá lugar o martes,  día 18 de febreiro, ás 12,00 horas, coa presencia do Sr. Alcalde de Lugo, José López Orozco, da Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, representantes da súa familia,  membros do Club Cultural Valle-Inclán e de cantas persoas queiran honrar así a memoria do Cilistro.

     

  • 16 Febreiro 2014. Hora: 09:00. Pontevedra

    PRIMEIRA VIAXE DO 2014 CON DESTINO  PONTEVEDRA

    VIAXES 208:

    Iniciamos a temporada de viaxes do ano 2014 cunha visita a Pontevedra. En programa as novas instalacións do Museo, o conxunto histórico, A Peregrina, Sta. María..., para rematar no mosteiro de San Benitiño de Lérez.

    Máis información en VIAXES - Lugares visitados.

  • 14 Febreiro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos da Deputación Provincial

    CHINA, MONGOLIA, HONG KONG E JAPÓN PRESENTES NA MOSTRA DE CINE ASIÁTICO QUE SE PROXECTARÁ NA SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO

    CICLO DE CINE ASIÁTICO

    En catro sesións de cine proxectaremos outras tantas películas nunha mostra de cine asiático.
     Amor bajo el espino blanco, de Zhang Yimou. China. La historia del camello que llora, de Byambasuren Davaa.  Mongolia.
     Una vida sencilla, de Ann Hui. Hong Kong e  Despedidas, de Tojiro Takita. Japón.

    Máis información en CINE - Programación e en AXENDA - Actividades.


     

  • 07 Febreiro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos da Deputación Provincial

    PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA

    LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA

    Este documental a través da recreación dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas, descóbrenos o  legado que nos deixaron as mestras republicanas e que chegou ata os nosos días.
    Dirixido por Pilar Pérez Solano para a Produtora FETE-UGT.
    Nominado aos premios Goya.

    Máis infromación en CINE - Programación e en AXENDA - Actividades