AXENDA / NOVASInicio
  • 04 Marzo 2018. Hora: 08:30. Polo val do Tea e Paradanta

     Polo val do Tea e Paradanta 

     

    Viaxe 245

    Polo val do Tea e Paradanta: 
    Santuario da Virxe da Franqueira – Igrexa e pazo reitoral de Barcia de Mera (O Covelo) – Vila e Balneario de Mondariz – Ermida de Xesús e Castro de Troña – Castelo-Museo de Vilasobroso

     

  • 21 Febreiro 2018. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.

    O segundo ciclo de cine do ano estará dedicado ao  Documental

    Ciclo de Cine Documental

    O Club Cultural Valle-Inclán organiza un ciclo de Cine Documental que se desenvolverá entre o 21 de febreiro e o 13 de marzo, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesións de 19:30 horas, de acordo co seguinte programa:
    * Día 21 de febreiro: Homes de xeo: galegos na Antártida, de Carlos Prado Pampín. Idioma Galego.
    * Día 27 de febreiro: I  Am  Not  Your Negro, de Raoul Peck. Idioma Castelán.
    * Día 6 de marzo: Lumière! Comeza aventura, de Thierry Frémaux. Idioma Francés con subtítulos en Castelán.
    * 13 de marzo: Chavela, de Catherine  Gund,  Daresha  Kyi . Idioma Castelán.
     
     

  • 18 Febreiro 2018. Hora: 09:00. Ourense

    Visia á exposición In tempore Sueborum

    Viaxe 244

    Visita á exposición sobre os Suevos en Ourense (In tempore Sueborum),  móstrase en 3 sedes do centro da cidade,  Pola tarde visita a arredores de Ourense (zona das Burgas, Castro e vila romana de Santomé…)

  • 15 Xaneiro 2018. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    Ciclo de Cine Ruso, en colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura de Madrid

    Ciclo de Cine Ruso

    O Club Cultural Valle-Inclán inicia o ano cinematográfico cun “Ciclo de Cine Ruso”, en colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura de Madrid, de acordo co seguinte programa:
    * Luns, 15 de xaneiro: Cando pasan as cegoñas, de Mikhail  Kalatozov. Festival de  Cannes 1958: Palma de Ouro.
    * Luns, 22 de xaneiro: A balada do soldado, de Grigori  Chukhrai.
    Festival de  Cannes 1960: Premio Especial do Xurado. Premios  BAFTA 1961: Mellor Película.
    * Luns, 29 de xaneiro: Unha peza inacabada para piano mecánico, de Nikita Mikhalkov.
    Festival de San Sebastián 1977: Concha de Ouro.
    * Luns, 5 de febreiro: Moscova non cre nas bágoas, de Vladimir  Menshov.  Óscar 1980: Mellor Película de fala non inglesa.
    Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.
    Sesión de 19:30 horas.
    VOSE