AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Xuño 2013. Hora: 09:00. Belesar - Chantada

    EN XUÑO PERCORREMOS O MIÑO EN CATAMARÁN DESDE BELESAR ATA A ILLA DE MAIORGA

    VIAXES: 202

    O Club Cultural Valle-Inclán programa unha viaxe en catamarán polo río Miño para disfrutar das vistas dun tramo da Ribeira Sacra cos seus bancais de viñedos. Embarque en Belesar ata a illa de Maiorga, tamén coñecida por Sernande.

    Pola tarde visita ao Mosteiro de San Salvador de Asma, Igrexas de Santa María de Camporramiro e Santa María de Nogueira de Miño, mostra do románico de Chantada.

    Máis información en VIAXES, Lugares visitados 

  • 10 Maio 2013. Reinosa, Iuliobriga, Aguilar de Campoo

    FIN DE SEMANA DE MAIO EN VIAXE POR REINOSA, IULIOBRIGA E AGUILAR DE CAMPOO

    VIAXES: 201

    Viaxe na que visitaremos, entre outros lugares de interés, a Igrexa de San Sebastián, un dos mellores e máis importantes exemplos de arquitectura barroca que existen en Cantabria, declarada Ben de Interese Cultural; as ruínas de Iuliobriga, na poboación de Retortillo, no val de Campoo, que deixan entrever a que foi a maior e máis importante das cidades romanas en Cantabria; o Mosteiro de Santa María a Real de Aguilar de Campoo coas sedes da Fundación Santa María la Real - Centro de Estudios del Románico e do Museo ROM: Románico e Territorio; a Colexiata románica de San Pedro en Cervatos, un dos monumentos máis populares e valorados do románico cántabro; a Igrexa dos Santos Xusto e Pastor,  eremitorio rupestre situado en Olleros de Pisuerga e Fontibre, localidade famosa por situarse nela tradicionalmente o nacemento do río Ebro.
    Máis información en Viaxes. Lugares visitados.

  • 09 Maio 2013. Hora: 20:00. Galería Sargadelos

    INFILTRADOS. OS SERVIZOS SECRETOS, A UPG E OUTRAS HISTORIAS DO NACIONALISMO

    Presentación do libro INFILTRADOS, de Alfonso Eiré

    O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro INFITRADOS. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo, de Alfonso Eiré. O autor estará acompañado polo xornalista e escritor Antón Grande.
    “Unha novela de non ficción que mudará a visión sobre o nacionalismo galego.
    Infiltrados é unha novela de espías..., espiados. Pero non uns espías ao xeito das películas americanas, senón de verdade, reais.
    Xosé Torga, o protagonista, un histórico militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secretos españois nos distintos conflitos internos que sufriu o nacionalismo, concretamente a UPG, e, por extensión, as demais organizacións nacionalistas.”

    Alfonso Eiré naceu na Laxe (Chantada), xornalista e escritor. Estudou no Seminario de Lugo. Despois xornalismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. Foi director e conselleiro delegado de A Nosa Terra. Recibiu varios e importantes galardóns literarios en poesía, narrativa e ensaio. Son de destacar dous "Premios Galicia de Comunicación" e o "Xulio Camba".
     

  • 04 Maio 2013. Hora: 19:00. Auditorio Gustavo Freire

    A CICATRIZ BRANCA DE MARGARITA LEDO ANDIÓN PECHA O CICLO CINEMA NO AUDITORIO

    CINEMA NO AUDITORIO: A cicatriz branca

    O Club Cultural Valle-Inclán pecha o ciclo Cinema no Auditorio coa proxección  do filme A cicatriz branca.
    Será presentado pola súa directora e  guionista, Margarita Ledo Andión.
    Pensada como película que establece un ligame cun feito social central no século vinte, a emigración, neste caso como experiencia diversa dun dos grupos máis fráxiles e só parcialmente visíbel, as mulleres.

    Actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo e xestionada polo Club Cultural Valle-Incán.
    Máis información en Cine. Programación