AXENDA / NOVASInicio
  • 18 Xaneiro 2013. Hora: 20:00. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

    CONFERENCIA DE ENRIQUE MONTENEGRO RÚA PREVIA AO VIAXE A SANTA EULALIA DE BÓBEDA

    SANTA EULALIA DE BÓVEDA E O SEU CONTORNO ARQUEOLÓXICOco


    O Club Cultural Valle-Inclán programa unha conferencia que pronunciará  ENRIQUE MONTENEGRO RÚA baixo o título  Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno arqueolóxico.  Terá lugar o venres, día 18 de xaneiro, no Museo Provincial de Lugo, ás 20,00 horas. Será presentado por Felipe Arias Vilas, director do Museo Arqueolóxico de Viladonga.

     ENRIQUE MONTENEGRO RÚA é licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e  doctorando no departamento de Prehistoria y Arqueología de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad Autónoma de Madrid.
    Desde o ano 2006 a súa investigación céntrase no desenvolvemento do proxecto de tese doctoral do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, sobre o que ten publicado monografías, artigos en revistas especializadas, colaborado en publicacións colectivas e participado en cursos, congresos e conferencias.

  • 17 Xaneiro 2013. Hora: 20:00. SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

    ERA UMA VEZ, DE BRENO SILVEIRA, ABRE O CUARTO CICLO DE CINE BRASILEÑO

    ERA UMA VEZ...

    O "Cuarto ciclo de cine brasileño" iniciarase co filme Era uma vez..., un romance de Breno Silveira.
    Actividade que o Club Cultural Valle-Inclán desenvolve en colaboración coa Embaixada de Brasil en España.

    Máis información en CINE, Programación.

    www.filmaffinity.com/es/film359659.html

  • 12 Xaneiro 2013. Hora: 19:00. AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

    EL EDIFICIO YACOUBIAN. PREMIO NO FESTIVAL DE TRIBECA 2006 AO MELLOR NOVO DIRECTOR.

    CINEMA NO AUDITORIO : Edificio Yacoubian

    Cinema no Auditorio é unha actividade que programa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo con xestión do Club Cultural Valle-Inclán

    Máis información en CINE, Programación.