AXENDA / NOVASInicio
  • 15 Decembro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos Deputación Provincial

    SEMANA DE CINE NEGRO ARREDOR DE BENXAMÍN CASAL

    Semana de cine negro

    Entre o 15 e o 19 de decembro desenvolverase a semana de cine, este ano dedicada a Benxamín Casa, de acordo co seguinte programa:  
    * 15 de decembro: El sueño eterno, de Howard Hawks
    * 16 de decembro: Los sobornados, de Fritz Lang
    * 17 de decembro: Sed de mal, de Orson Welles
    * 19 de decembro: Anatomía de un asesinato, de Otto Preminger.
    Pecharase así a homenaxe que o Club Cultural Valle-Inclán lle rende a quen foi presidente do clube nos anos 70.

     

  • 10 Decembro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos Deputación Provincial

    CINE: PROXECCIÓN DO FILME DE TAL PADRE, TAL HIJO, DE HIROKAZU KOREEDA

    CINE:  De tal padre, tal hijo

    Decembro, mes do cine na programación do Club Cultural Valle-Inclán. Proxectaremos De tal padre, tal hijo de Hirokazu Koreeda.
    Premio do Xurado no Festival de Cannes de 2013 e Premio do Público no Festival de San Sebastián do mesmo ano.
    Máis información en CINE, Programación.

    Máis información en CINE - Programación.
     

  • 04 Decembro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos Deputación Provincial

    PROXECCIÓN DE SEDUCIDOS Y ABANDONADOS DE JAMES TOBCK E ALEC BALDWIN

    CINE: Seducidos y abandonados

    O director James Toback e o actor Alec Baldwin mostran neste documental as dificultades económicas para sacar adiante un proxecto cinematográfico, filmando a súa propia experiencia ao tratar de conseguir o financiamento necesario. Unha busca que lles serve para reflexionar sobre o cine, a súa industria, o glamour, e mesmo sobre a vida e a morte.
    A súa presencia no Festival de Cannes de 2012 deu como froito o filme que presentamos.

    VOSE

    Máis información en CINE - Programación.

  • 19 Novembro 2014. Hora: 19:30. Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado

    PROXECCIÓN DO FILME ENCALLADOS E COLOQUIO SOBRE AS CRISES QUE NOS AFUNDEN

    Proxección do filme

    As Comisións de Normalización Lingüística do Campus de Lugo-USC e o Club Cultural Valle-Inclán proxectan Encallados de Alfonso Zarauza.
    Tras a proxección desenvolverase un coloquio baixo o lema As crises que nos afunden para repasar as distintas facetas da crise. Ou como ademais da crise económica, e moi en relación con ela, asistimos a unha crise ecolóxica, de actividades culturais, etc.  Para iso contaremos co profesor de Economía Aplicada da USC Bernardo Valdés.
    Asistirá á presentación e participará no coloquio Xoán Mariño,  Licenciado en Dereito, con estudios en ciencias Políticas e Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA - Universidade de A Coruña e Escola de Medios de Comunicación La Voz de Galicia).  Administrador legal da Sociedade MrMisto Films. Na súa carreira profesional ten desenvolvido tarefas de produtor en máis de cen proxectos audiovisuais. Dirixe o festival creativo de curtas "O FESTIVALÓN".