AXENDA / NOVASInicio
  • 16 Novembro 2014. Hora: 08:45. Monforte de Lemos

    NA DERRADEIRA VIAXE DO ANO VISITAREMOS MUSEOS DE MONFORTE DE LEMOS

    VIAXES: 217

    Na derradeira viaxe do ano achegámonos a Monforte de Lemos para visitar tres dos seus museos: Ferrocarril, A Compañía e Arte Sacra das Clarisas.

  • 08 Novembro 2014. Hora: 14:00. Museo Interactivo da Historia de Lugo -MIHL

    PULPADA DO SOCIO E VISITA AO MIHL

    VIAXES: 216

    Un ano máis reunirémonos na “pulpada do socio” que compartiremos na Pulpería Catro Rúas.
    Despois do xantar  achegarémonos ao MIHL.
    O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) abriu as súas portas en novembro de 2012. Para a apertura escoulleuse a data simbólica do XII Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Alberga un contido expositivo permanente de carácter audiovisual que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo.
    A idea dos arquitectos Nieto-Sobejano, autores do proxecto, é a dun parque-museo, é dicir, un edificio que xorde da relación coa paisaxe. En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en catro plantas.
     

  • 28 Outubro 2014. Hora: 20:00. Salón de actos Deputación Provincial

    CICLO DE CONFERENCIAS EN LEMBRANZA DE BENXAMÍN CASAL VILA

    ARREDOR DE BENXAMÍN CASAL: A GALICIA AGRARIA

    O Club Cultural Valle-Inclán, recollendo o desexo e suxestións de moitas persoas e entidades lucenses, organiza un ciclo de conferencias en lembranza de Benxamín Casal Vila, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, economista, político e escritor falecido en 2013, polo activo papel que desempeñou na sociedade lucense, en parte precisamente desde a presidencia do mesmo C.C. Valle-Inclán, reflexionando e chamando a atención sobre múltiples aspectos e facetas da economía galega, maiormente a de ámbito agrario e gandeiro, así como a súa incidencia na conformación e organización do territorio, sobre todo rural, de Galicia
    Coa intención de tratar de xeito sistemático e científico os temas propostos, pero considerando así mesmo a necesidade de que os coñecementos expostos no dito ciclo cheguen ao común da sociedade e esta os poida debater e mesmo contribuír á solución dos problemas constatados, proponse o seguinte programa:

    •    Martes 28 de outubro: “Benxamín Casal: Un alento renovador na agricultura galega” por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático Emérito da Universidade de Santiago.  Membro numerario da R.A.G.

    •    Xoves 30 de outubro:“Galicia potencial paraíso ecolóxico” por Ernesto Sánchez Salgado. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Director Técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

    •     Martes 4 de novembro: “Os soutos de castiñeiros” por Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid.

    •    Mércores 5 de novembro: “A calidade e a industrialización agroalimentaria en Galicia” por José Mouriño Cuba. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Enxeñeiro Técnico Agrícola.

    20,00 Horas

  • 19 Outubro 2014. Hora: 09:00. San Cibrán de Las

    EN OUTUBRO VISITAREMOS O CASTRO E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE SAN CIBRÁN DE LAS

    VIAXES: 215

    Visitamos o Castro e Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de S. Cibrán de Lás – Ribadavia (Museo Etnolóxico?, conxunto histórico: castelo, igrexas de S. Domingos e Santiago...).