AXENDA / NOVASInicio
  • 22 Xuño 2014. Hora: 10:30. Torre Vilariño

    CELEBRAMOS A FESTA DO SOCIO EN TORRE VILARIÑO

    VIAXES: 213

    Celebramos a Festa do socio de 2014 na Torre Vilariño (O Saviñao) o día 22 de xuño.
    Como cada ano teremos o noso encontro gastronómico e cultural e aproveitaremos para visitar o Ecomuseo de Arxeriz-Fión, a igrexa románica de San Lourenzo de Fión, a Anta de Abuíme e a igrexa de Santa María de Seteventos.


     

  • 07 Xuño 2014. Hora: 09:00. Costa da Morte

    FIN DE SEMANA DE XUÑO NA COSTA DA MORTE

    VIAXES 212

    O fin de semana do 7 e 8 Xuño viaxamos pola Costa da Morte para visitar o Museo da Olería de Buño, o Castro de Borneiro e Dolmen de Dombate,  Camariñas, Muxía (Virxe da Barca e mosteiro de Moraime), Cee e Corcubión, Fisterra, Cascada do Ézaro, Carnota e Lira, Monte e lagoa de Louro, Muros (conxunto histórico, Muíño de marea do Cachón).

    Hotel Insua en Cee, 3***
     

  • 25 Maio 2014. Guitiriz

    VIAXE POLAS TERRAS DO GUITIRIZ DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO

    VIAXES: 211

    Viaxe polas terras do Guitiriz de Xosé Mª Díaz Castro.
    Lugares e paisaxes que foron referencia para a inspiración poética do autor: Aldea e casa natal do Vilariño dos Vilares, numerosos muíños, petroglifos das Calzadas e da Pena Bicuda, pinturas da igrexa de Labrada, ademais da igrexa e ponte de San Alberte, igrexa e adro do Buriz, castro do Forno, igrexa dos Vilares, Pazo dos Camarasa...

    Tras o xantar celebración das LETRAS GALEGAS con Alfonso Blanco Torrado, Mini e Mero.

    Acompañarannos no percorrido alumnos do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

  • 30 Abril 2014. Hora: 16:00. Navarra

    NA PONTE DO PRIMEIRO DE MAIO VIAXAMOS A NAVARRA

    VIAXES: 210

    Programa-guión previsto:
    Mércores 30 de abril: Parada técnica á altura de León e parada para merenda-cea entre Miranda de Ebro e Vitoria con chegada sobre as 23 h. ao Hotel Iruña Tres Reyes (****) (Xardíns de La Taconera, Navas de Tolosa s/n, telf. 948-226600).
    Xoves 1 de maio: Pamplona: visita ao conxunto histórico, Catedral, Museo de Navarra, igrexas de San Nicolás e San Saturnino...
    Venres 2 de maio: Ás 9’30 h., saída para Tafalla e Olite (castelo, igrexas de Sta. Mª la Real e de San Pedro), Andelos, Puente la Reina (ponte e igrexas de peregrinación), igrexa de Eunate...
    Sábado 3 de maio: Pamplona: fortificacións urbanas (muralla medieval, Parque da Ciudadela e baluartes modernos), visitas libres...
    Domingo 4 de maio: Visita a Estella (igrexas de peregrinación) e ao mosteiro de Iratxe. Xantar por Logroño e pola tarde regreso a Lugo.