NOVASInicio
  • 21 Novembro 2019. Hora: 20:00. Auditorio Vello Cárcere

    Dúas curtas contra as violencias machistas

     25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

    O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia -FECIGA-, Asociación de Mujeres cineastas y de medios audiovisuales -CIMA- Concello de Lugo e Casa da Muller, celebra o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, coa proxección de dúas curtas:
    * 16 de Decembro,  de Álvaro Gago, VOG
    * Suc de Sindra de Irene Moray, VOSE.
    Dous fermosos traballos que se  complementan á perfección  poñendo en valor reivindicacións contra as violencias machistas.
    Seguirá coloquio.

  • 17 Novembro 2019. Santiago de Compostela

    Visita ao Pórtico da Gloria e outros lugares de Santiago

    Viaxe 260

    Santiago de Compostela, sempre por descubrir: Visitaremos o renovado Museo das Peregrinacións e de Santiago na praza das Praterías, así como lugares e recunchos pouco vistos como a igrexa de Sta. Mª Salomé e súa contorna  na Rúa Nova e a de S. Fiz de Solovio no vello castro compostelán. Pola tarde veremos o restaurado Pórtico da Gloria na catedral e remataremos a viaxe na Cidade da Cultura e o Museo Centro Gaiás coa exposición "Galicia, un relato no mundo".
     

  • 06 Novembro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)

    Antonio Díaz Huerta, Charles Chaplin e Jafar Panahi, directores para as "Sesións de Filmoteca" de novembro.

    Sesións de Filmoteca novembro 2019

    Novas Sesións de Filmoteca no mes de novembro, actividade que desenvolve o Club Cultural Valle-Inclán en colaboración co CGAI –Filmoteca de Galicia-.
    * Día 6 de novembro: Gallo, documental de Antonio Díaz Huerta que segue ao surfista Aitor Francesena polas praias de Galicia, do País Vasco e de California.  Discapacidade e retos.
    * Día 13 de novembro: Tiempos modernos, de Charles Chaplin. loita por sobrevivir nunha sociedade industrial moderna.
    * Día 20 de novembro: Tres caras, de Jafar Panahi. A chamada de auxilio dunha rapaza de provincias cuxa familia quere impedirlle que siga estudando no Conservatorio de Teherán. Festival de Cannes 2018: Mellor guión (ex aequo).
    Cada mércores, no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas.
     

  • 28 Outubro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    Pequeno ciclo de cine documental francés para o outono

    Cine documental francés

    Cine documental francés para o outono. Un pequeno ciclo que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
    * Día 28 de outubro: Demain, de Cyril Dion, e Mélanie Laurent.  Premio César ao Mellor Documental 2015. Investigación de como algúns países enfrontan os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta. VOSG.
    * Día 4 de novembro: Varda par Agnès, de Agnès  Varda. última longametraxe de  Agnès  Varda, sobre a súa experiencia como directora desde os tempos de Nouvelle Vague. VOSE
    Proxectarase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos,Deputación Provincial,  en sesión de 19:30 horas