AXENDA / NOVASInicio
  • 05 Marzo 2020. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    A muller tema das tres películas programadas para o mes de marzo de 2020

    Ciclo de cine Marzo de Muller 2020

    O Club Cultural Valle-Inclán programa o ciclo de cine “Marzo de Muller 2020” no que se poderán ver tres películas nas que a muller é protagonista. Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
    * Día 5 de marzo:  Dios es mujer y se llama Petrunya,  de Teona Strugar Mitevska, Macedonia, 2019. VOSE.
    * Día 12 de marzo: La inocencia  de Lucía Alemany, España, 2019. VOE
    * Día 30 de marzo: Refugiado, de Diego Lerman, Argentina, 2014. VOE
    Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, en sesión de 19:30 horas.
    Máis información en Cine-programación.

    Actividades suspendidas desde o día 12 seguindo instruccións das autoridades sanitarias polo Coronavirus

    Suspendida proxección das dúas últimas películas por Covid-19
     

  • 16 Febreiro 2020. Hora: 10:00. Serra da Loba - Eume

    Viaxamos da Serra da Loba ás Terras do Eume

    Viaxe 261

    Primeira viaxe de 2020: da Serra da Loba aás Terras do Eume, nun percorrido no que visitaremos o Parque eólico de Sotavento de Momán (Xermade), o Museo Etnográfico das Pontes de García Rodríguez máis o Museo Etnográfico da Capela (As Neves).

     

  • 22 Xaneiro 2020. Hora: 19:30. Salón de Actos de Casa do Saber

    Abrimos o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine  brasileiro

    Novocine XIII

    Abrimos o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine  brasileiro e unha nova entrega de filmes, neste caso da XIII edición presentada no pasado mes de novembro en Madrid.
    Para a súa programación contamos, como en outros anos, coa colaboración da Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña.
    Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
    * Día 22 de xaneiro: Todas as canções de amor, de Joana Mariani.
    * Día 29 de xaneiro: 10 segundos para vencer, de José Alverenga Jr.
    * Día 5 de febrero: Sócrates, de Alexandre Moratto.
    * Día 12 de febrero: Fala sério, mãe!, de Pedro Vasconcelos.
    * Día 19 de febreiro: Fevereiros, de Marcio Debellian.
    Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e de balde ata completar aforo.

     

     

  • 27 Novembro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)

    Peche das Sesións de Filmoteca do ano 2019

    Sesións de Filmoteca novembro - decembro 2019

    Tres novas proxeccións pecharán as "Sesións de Filmoteca" do ano 2019, unha programación do Club Cultural Valle-Inclán que realiza en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- Filmoteca de Galicia.
    Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
    * Día 27 de novembro: La caza, de Carlos Saura, España, 1966. Oso de Prata á mellor dirección no Festival Internacional de Cine de Berlín do ano 1966.VOE
    * Día 4 de decembro: Un violent désir de bonheur, de Clément Schneider. Francia, 2018, VOSE
    * Día 11 de decembro: Suburban birds, de Qiu Sheng. China, 2018. VOSE
    Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.