AXENDA / NOVASInicio
  • 17 Febreiro 2013. O BARBANZA

    EN FEBREIRO VIAXAMOS Á PENÍNSULA DO BARBANZA

    VIAXES: 199

    PROGRAMA PREVISTO PARA A VISITA Á PENÍNSULA DO BARBANZA: Paseo por Rianxo (capela da Guadalupe, igrexa de Sta. Comba e Pazo de Martelo, rúa de Abaixo coas casas de Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio).
    Castros do Neixón (concello de Boiro) e Centro Arqueolóxico do Barbanza  
    Visita-paseo por Noia e o seu conxunto histórico: rúas e casas medievais, igrexas de San Martiño e de Sta. María, co seu museo-cemiterio de laudas gremiais, etc.
    Mosteiro e Fervenza de Toxosoutos

  • 14 Febreiro 2013. Hora: 20:00. SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

    CIDADE DOS HOMENS PECHA O CUARTO CICLO DE CINE BRASILEÑO

    CiIDADE DOS HOMENS, DE PAULO MORELLI

    Peche do Cuarto ciclo de cine brasileño coa proxección da película
    Cidade dos Homens, de Paulo Morelli.
    Versión orixinal –portugués- con subtítulos en castelán.
    Producida por Fernando Meirelles narra a historia de dous amigos adolescentes que se converteron practicamente en irmáns en medio dun mundo marcado pola violencia e as bandas vagabundas.
    En colaboración coa Embaixada de Brasil en España

    Máis información en CINE, Programación.

    www.filmaffinity.com/es/film579027.html
     

  • 07 Febreiro 2013. Hora: 20:00. SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

    MEU NOME NÃO É JOHNNY NO CUARTO CICLO DE CINE BRASILEÑO

    MEU NOME NÃO É JOHNNY

    Proxección da película Meu Nome Não é Johnny, de  Mauro Lima.
    Versión orixinal –portugués- con subtítulos en castelán.
    Baseada nunha historia real.
    Cuarto ciclo de cine brasileño, en colaboración coa Embajada de Brasil en España.

    Máis información en CINE, Programación.


    www.filmaffinity.com/es/film502966.html

  • 24 Xaneiro 2013. Hora: 20:00. SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

    A  CASA DE ALICE NO CUARTO CICLO DE CINE BRASILEÑO

    A CASA DE ALICE

    Proxección de A casa de Alice, de Chico Teixeira. V.O.S.

    En colaboración coa Embaixada de Brasil en España.

    Máis información en CINE, Programación.

    www.filmaffinity.com/es/film654007.html