PROXECCIÓN EN LUGO DO DOCUMENTAL O SEGREDO DA FROUXEIRA, DE XOSÉ ABAD
A Concellalía de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, en colaboración co Club Cultural Valle-Inclán, proxecta o documental O segredo da Frouxeira, con guión e dirección Xosé Abad.
Será presentado polo seu director, Xosé Abad con Mª Carmen Longarela, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.
XOSÉ ABAD é fotógrafo, realizador e produtor.
Traballa para axencias e medios de comunicación, fotografía artística, fotografía publicitaria e ten presentado un número importante de exposicións.
Impulsor da web Fotógrafos Contra a Guerra, idea, organiza e dirixe nos anos 2005 e 2006 “Revela, Foro Internacional de Fotorreportaxe e Sociedade” en itinerancia polas principais cidades de Galicia.
É autor dun significado número de documentais , moitos deles premiados en distintos certames.
Máis información en Cine, Programación.
http://www.osegredodafrouxeira.com/
CONFERENCIA DE ENRIQUE MONTENEGRO RÚA PREVIA AO VIAXE A SANTA EULALIA DE BÓBEDA
O Club Cultural Valle-Inclán programa unha conferencia que pronunciará ENRIQUE MONTENEGRO RÚA baixo o título Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno arqueolóxico. Terá lugar o venres, día 18 de xaneiro, no Museo Provincial de Lugo, ás 20,00 horas. Será presentado por Felipe Arias Vilas, director do Museo Arqueolóxico de Viladonga.
ENRIQUE MONTENEGRO RÚA é licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e doctorando no departamento de Prehistoria y Arqueología de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad Autónoma de Madrid.
Desde o ano 2006 a súa investigación céntrase no desenvolvemento do proxecto de tese doctoral do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, sobre o que ten publicado monografías, artigos en revistas especializadas, colaborado en publicacións colectivas e participado en cursos, congresos e conferencias.
ERA UMA VEZ, DE BRENO SILVEIRA, ABRE O CUARTO CICLO DE CINE BRASILEÑO
O "Cuarto ciclo de cine brasileño" iniciarase co filme Era uma vez..., un romance de Breno Silveira.
Actividade que o Club Cultural Valle-Inclán desenvolve en colaboración coa Embaixada de Brasil en España.
Máis información en CINE, Programación.
www.filmaffinity.com/es/film359659.html
EL EDIFICIO YACOUBIAN. PREMIO NO FESTIVAL DE TRIBECA 2006 AO MELLOR NOVO DIRECTOR.
Cinema no Auditorio é unha actividade que programa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo con xestión do Club Cultural Valle-Inclán
Máis información en CINE, Programación.