NOVASInicio
  • 20 Outubro 2019. Hora: 09:00. Terra de Montes

    Celebramos as Letras Galegas 2019  viaxando polas terras de Antonio Fraguas

    Viaxe 259

    Viaxamos pola Terra de Montes lembrando a D. Antonio Fraguas (Letras Galegas 2019): Mosteiro de Acibeiro - terras de Cerdedo e Cotobade:  igrexa de Sta. Mª de Sacos - igrexa e aldea de Loureiro, casa natal de Fraguas en Insuela, carballeira de Famelga con capela e peto de ánimas. Almofrei.

  • 14 Outubro 2019. Hora: 20:00. Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)

    O Valle-Inclán rende homenaxe a Antonio Fraguas nas Letras Galegas do 2019

    Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas

    O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas 2019, dedicadas este ano a homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas, de acordo co seguinte programa:
    * Luns, día 14 de outubro.- Conferencia de Francisco Calo Lourido, arqueólogo e etnógrafo. Profesor de Historia, Xubilado.
    * Xoves, día 17 de outubro.- Mesa redonda na que serán relatores:
    Xosé Carlos Sierra, museólogo e Patrono do Museo do Pobo Galego.
    Francisco Rodríguez Lestegás, xeógrafo e Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Facultade de Formación do Profesorado da USC.
    Elena Freire Paz, profesora de Antropoloxía da Facultade de Humanidades da USC.
    Xulián Parga Rodríguez, antigo alumno.
    Os dous actos serán presentados por Felipe Arias Vilas, vicepresidente do Valle-Inclán.
    Salón de actos da Casa do Saber: 20:00 horas.
    Entrada libre.
    O domingo, día 20 de outubro, os socios do club viaxarán pola Terra de Montes lembrando a D. Antonio.
    Como cada ano edítase un marcador de libros.
    Para a realización destas actividades contamos cunha subvención da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

     

     

  • 02 Outubro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)

    Sesións de Filmoteca, en colaboración co CGAI, na nova tempada cinematográfica do Valle-Inclán

    Sesións de filmoteca out 2019

    O Club Cultural Valle-Inclán inicia a nova tempada cinematográfica  e retoma as"esións de Filmoteca" que se desenvolven en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI
    O mes de outubro rexirase de acordo co seguinte preograma:
    * Día 2 de outubro: Hamada, de Eloy Domínguez Serén.Idioma orixinal árabe con subtítulos en galego.
    * Día 9 de outubro: Doentes, de Gustavo Balza. Versión orixinal en galego.
    * Día 16 de outubro: Largo viaje hacia la noche, de Bi Gan. VOSE.
    * Día 30 de outubro: Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones.VOSE.
    Máis información en CINE - programación
     

  • 05 Xuño 2019. Hora: 08:00. Nos confíns de Aragón e Castela

    Cinco días de xuño en percorrido polos confíns de Aragón e Castela

    Viaxe 258

    Nos confíns de Aragón e Castela: Viaxe ata o conxunto histórico de Teruel, a capital do mundo mudéxar (Patrimonio da Humanidade), chegando tamén ao núcleo histórico e natural  de Albarracín e a súa Serra. Aproveitaremos o camiño de ida e volta para coñecer pobos históricos como Molina de Aragón, Sigüenza, Medinaceli e Guadalajara.