AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Outubro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)

    Sesións de Filmoteca, en colaboración co CGAI, na nova tempada cinematográfica do Valle-Inclán

    Sesións de filmoteca out 2019

    O Club Cultural Valle-Inclán inicia a nova tempada cinematográfica  e retoma as"esións de Filmoteca" que se desenvolven en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI
    O mes de outubro rexirase de acordo co seguinte preograma:
    * Día 2 de outubro: Hamada, de Eloy Domínguez Serén.Idioma orixinal árabe con subtítulos en galego.
    * Día 9 de outubro: Doentes, de Gustavo Balza. Versión orixinal en galego.
    * Día 16 de outubro: Largo viaje hacia la noche, de Bi Gan. VOSE.
    * Día 30 de outubro: Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones.VOSE.
    Máis información en CINE - programación
     

  • 05 Xuño 2019. Hora: 08:00. Nos confíns de Aragón e Castela

    Cinco días de xuño en percorrido polos confíns de Aragón e Castela

    Viaxe 258

    Nos confíns de Aragón e Castela: Viaxe ata o conxunto histórico de Teruel, a capital do mundo mudéxar (Patrimonio da Humanidade), chegando tamén ao núcleo histórico e natural  de Albarracín e a súa Serra. Aproveitaremos o camiño de ida e volta para coñecer pobos históricos como Molina de Aragón, Sigüenza, Medinaceli e Guadalajara.

  • 29 Maio 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber

    Ciclo dedicado ao director John Cassavetes

    Sesións de Filmoteca maio xuño

    "Sesións de Filmoteca" pecha o primeiro semestre de 2019 cun ciclo dedicado a John Cassavetes que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
    * Día 29 de maio: Sombras, 1959.
    * Día 4 de xuño: Faces, 1968.
    * Día 11 de xuño: Opening night, 1977.
    Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado,  en sesións de 19:30 horas.
    En colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- Filmoteca de Galicia.
     

  • 27 Maio 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado

    Proxección do documental Dreaming Nicaragua, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

    Cine: Dreaming Nicaragua

    Un retrato sensible e lírico de catro nenos que viven na extrema pobreza en Nicaragua. Un profesor de arte itinerante ofrece un espazo seguro para os catro protagonistas permitíndolles expresar os seus pensamentos máis íntimos A película lévanos máis aló das súas dificultades e dá voz aos rapaces que son sorprendentemente divertidos, esperanzados e optimistas.
    Joaquín Prada, membro de AXUNICA, achegará información sobre a actualidade en Nicaragua.