AXENDA / NOVASInicio
  • 22 Outubro 2016. Hora: 08:00. Ruta arousá de Ramón Mª del Valle Inclán

    Fin de semana pola ruta aurosá de Valle-Inclán

    VIAXES 233

    Os días 22 e 23 de outubro percorremos os lugares vinculados á vida do escritor en Galicia, como a Casa natal e o Museo de Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, o dolmen de Axeitos e a subida ó Monte da Curota, posible travesía da ría de Arousa en catamarán da Proba a Vilanova, (hotel probablemente en Cambados, conxunto histórico...), o Pazo do Cuadrante-Museo valleinclanesco de Vilanova de Arousa, igrexa e pazo de S. Martiño de Sobrán.

  • 17 Outubro 2016. Hora: 20:00. Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado.

    O Club Cultural Valle-Inclán e Médicos Sen Fronteiras (MSF) peoxectan en Lugo También la lluvia.

    Proxección de También la lluvia

    No marco da exposición As Vidas da auga de Médicos Sen Fronteiras, en colaboración coa fundación We Are Water e con fotografías de Juan Carlos Tomasi, o Club Cultural Valle-Inclán proxecta También la lluvia, de Icíar Bollaín, e por deferencia de Morena Films.
    Médicos Sen Fronteiras inaugurou o pasado luns, 26 de setembro, a exposición As vidas da auga que permanecerá aberta ata o 27 de outubro na sé de Afundación. Esta exposición narra a través de 27 fotografías de Juan Carlos Tomasi, a importancia deste elemento en Níxer: a auga marca o día día de toda unha poboación.
    Non marco desta exposición, o Club Cultural Valle-Inclán colabora con Médicos sen Fronteiras para mostrar como, ao igual que no Níxer, en moitas partes do mundo as diferentes vidas da auga determinan o destino de milleiros de persoas.
    Faino organizando a proxección da película También la lluvia, de Icíar Bollaín. Narra a loita do pobo boliviano contra unha multinacional estadounidense que quería subir de xeito desproporcionado o prezo da auga, un ben público e esencial para a poboación.
    Mónica Álvarez, expatriada lucense de Médicos sen Fronteiras estará presente  para explicar a importancia da auga en países como Níxer, como a súa falla ou a súa mala calidade poden ter consecuencias graves na vida de moitas persoas.

    Foto: Juan Carlos Tomasi/MSF

  • 16 Outubro 2016. Hora: 10:00. Monterroso

    Pulpada dos socios en Monterroso

    Viaxe 232

     Este ano celebramos a Pulpada dos socios en Monterroso, con viaxe pola comarca da Ulloa (igrexas de Ligonde e Novelúa, cruceiro dos Lameiros, Castelo de Pambre...).
     

  • 14 Setembro 2016. Hora: 20:00. Galería Sargadelos

    Presentación do poemario Peregrino de Jorge Arbeleche

    Presentación poemario Peregrino

    Presentacmos o poemario de Jorge Arbeleche Peregrino, publicado por Ediciones Vitruvio en Madrid.
    Segundo premio  do Nacional de Poesía de Uruguai  na categoría de obra inédita no ano 2015. Jorge Arbeleche (Montevideo, 23 de outubro de 1943)   poeta, ensaísta, crítico literario e profesor de literatura uruguaio. En 1999 recibiu o Premio Nacional de Literatura de Uruguai. É membro de número da Academia Nacional de Letras do Uruguai e socio fundador da Casa de los Escritores do Uruguai. Membro correspondente da Real Academia Galega. Nos seus primieiros anos de autor dedicou unha parte da súa vida académica ao estudio e recuperación da obra e imaxe de Juana de Ibarbourou.
    Acompañará ao autor Héctor Acebo, poeta e xornalista, actualmente na redacción central de El Progreso.