Ir o contido principal
Mies
Ciclo
Arquitectura de Cine II
Data de proxección
Lugar de proxección
Salon de Actos da Deputación de Lugo
Director
Michael Blackwood
Ano da produción
1986
Xénero
Documental
Duración
56
Guión
Cristina Gastón Guirao
Sinopse

O documental MIES, elocuentemente narrado polo seu biógrafo por excelencia, Franz Schulze, inscríbese no conxunto de producións entorno á celebración do centenario, en 1986, do nacemento de Mies van der Rohe. Dende Nova York, Chicago, Berlín e Barcelona traballouse para actualizar a mirada  sobre  a  obra  do  arquitecto.  A película  comeza  e acaba con imaxes das obras de construción do pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional  de 1929. Durante toda a filmación intercálanse declaracións co relato cronolóxico da obra e con manifestacións  do propio Mies, procedentes de gravacións de arquivo.

 

ARQUITECTO. Mies Van der Rohe (1886-1969)

Foi un arquitecto inflexible na procura da perfección arquitectónica.  Dicía  'Estou  convencido  de  que  a arquitectura  é  a  expresión  máis  significativa  dunha civilización'. Mies sempre sentiu que estaba librando unha guerra pola alma do Movemento Moderno e así reduciu os seus edificios ó absoluto platónico, á evocación da idea máis pura e mínima: menos é máis.