Ir o contido principal
"Sesións de Filmoteca" novembro - decembro 2022
"Sesións de Filmoteca" novembro - decembro 2022

A partir do día 7 de novembro as "Sesións de Filmoteca" do Valle-Inclán proxectaranse en sesión de 19:30 horas.

O Club Cultural Valle-Inclán remata as proxeccións das ”Sesións de Filmoteca” que veu programando cada mércores en colaboración co CGAI, Filmoteca de Galicia, e segundo convenio de colaboración coa AGADIC.

Novo ciclo de tres películas para pechar o ano, de acordo co seguinte programa:

* Día 30 de novembro: Luces de la ciudad, de Charles Chaplin, USA. 1931 – 82 min. Cine mudo.

Sesión de 18:00 horas.

* Día 7 de decembro: El hombre de la cámara, de Dziga Vertov. URSS. 1929 - 67 min. Cine mudo.

Atención ao horario. Sesión de 19:30 horas.

* Día 14 de decembro: Regreso a Reims, de Jean-Gabriel Périot, Francia. 2021 – 83 min. VOSE.

Atención ao horario. Sesión de 19:30 horas.

Salón de Actos da Casa do Saber, USC.

Entrada de balde, ata completar aforo, para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, 2 €, parte proporcional á cota de socio.

Non se permitirá a entrada unha vez iniciada a proxección.