Ugyen é un novo profesor en Bután, que elude os seus deberes mentres planea ir a Australia para converterse en cantante. Como reprimenda, os seus superiores envíanlle á escola máis remota do mundo, unha aldea glacial do Himalaya chamada Lunana. Desesperado, quere abandonar e marcharse canto antes pero, aos poucos, vese conquistado pola sinxeleza, bondade e ganas de aprender dos pequenos e as súas familias, cos que formará unha fermosa relación.
Nomeada ao Óscar á Mellor Película Internacional, tivo a súa première mundial no BFI London Film Festival, gañou o Premio do Público no Palm Springs Film Festival e presentouse no BCN Film Fest. Pawo Choyning Dorji debuta na dirección ofrecendo unha historia carismática sobre as tradicións e unha reflexión sobre a docencia e a figura do profesor. Rodada en fermosísimas localizacións, a maioría dos actores son pastores locais que nunca viron o mundo máis aló da súa aldea.
2021: Premios Oscar: Nominada a mejor película internacional