Ir o contido principal
Atalaia / Piueiro
Ciclo
Sesións de Filmoteca. Catro curtas de directoras galegas
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Xisela Franco
Pais
España
Ano da produción
2022
Duración
8
Guión
Xisela Franco
Sinopse

 Unha aproximación ao mundo do mar desde a etnografía experimental, unha ollada ao mundo das redeiras e á carpintería de ribeira. Para a primeira parte da obra contouse coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, mentres que na segunda parte traballouse man a man coa Asociación de Embarcacións Tradicionais O Piueiro. Este díptico terra/mar - masculino/femenino trata de dar visibilidade ao patrimonio inmaterial da vila, de crear emocións arraigadas ao territorio e á súa xente, ao tempo que facer antropoloxía audiovisual. Ademais, entrelázase o presente con arquivo persoal de Joaquín Costiña, fotógrafo, que son as primeiras imaxes fílmicas atopadas de A Guarda de finais dos anos 20.