PRESENTACIÓNInicio

Ao abeiro da Lei de 24 de decembro de 1964, pola que se regula a constitución de Asociacións, créase en Lugo o Club Cultural Valle-Inclán. Con data 19 de febreiro de 1966 figura inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións co número 16 e no Rexistro Nacional de Asociacións co número 960.

Segundo o artigo 4 dos seus estatutos “A finalidade desta asociación é o fomento e impulso de toda actividade cultural”. O artigo 5 especifica “Para o cumprimento dos fins sinalados o Club Cultural Valle-Inclán poderá realizar as actividades seguintes: actividades de cine-clube, actividades de teatro, actividades de música e toda clase de actividades que, ademais das expresadas, poidan ter un efectivo interese para os fins sinalados”.

Hoxe continúan vivas aquelas propostas. O Valle-Inclán sigue a cumprir co seu compromiso de ser dinamizador cultural e social en Lugo, aberto a todas as persoas que se identifiquen cos fins da asociación e que desexen participar activamente mediante a súa inscrición ou alta como socios. O Club Cultural Valle-Inclán ofrece tamén a súa colaboración participativa a todo tipo de entidades privadas e institucións públicas, sempre pensando en Lugo e as súas xentes.

Desde a súa fundación arredor de 4.000  lucenses foron socios do clube.

O pulo das novas tecnoloxías e internet obrígannos a estar na rede a través deste sitio web que nace como complemento e ferramenta para achegar e gardar información ampla, puntual e actualizada da vida da asociación.

Damos a nosa máis cordial benvida aos internautas!

 

     Mª Antonina Gay Parga

     Presidenta