Ir o contido principal
Letras Galegas 2025: Conferencia do profesor Antón Santamarina
Letras Galegas 2025: Conferencia do profesor Antón Santamarina

O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2025 cunha conferencia de grande interese que pronunciará o profesor Antón Santamarina, apoiado por medios audiovisuais.

Antón Santamarina, natural de San Martín de Suarna (A Fonsagrada), é profesor xubilado da USC e colaborou coa experta suiza Dorothé Schubarth na elaboración e publicación do Cancioneiro popular galego (1984-1988), unha obra de referencia neste ano no que as cantareiras ven recoñecido o seu merecido protagonismo na transmisión da nosa lingua e música tradicionais.

Día 28 de abril, Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, 19:30 horas.