PROGRAMACIóNInicio

VIAXES PARA 2018

18 de febreiro
Visita á exposición sobre os Suevos en Ourense (In tempore Sueborum), en tres sedes do centro da cidade. Pola tarde visita a arredores de Ourense (zona das Burgas, Castro e vila romana de Santomé...).

4 marzo:
Polo val do Tea e Paradanta: 
Santuario da Virxe da Franqueira – Igrexa e pazo reitoral de Barcia de Mera (O Covelo) – Vila e Balneario de Mondariz – Ermida de Xesús e Castro de Troña – Castelo-Museo de Vilasobroso

6-7-8 abril: 
Polo norte de Burgos: As Merindades e a Bureba:
Reinosa - Merindad de Sotoscueva (Ermida de S. Bernabé e Cova de Ojo Guareña) - Espinosa de los Monteros (vila histórica) - Villarcayo (hotel) - Medina de Pomar (núcleo histórico, murallas, museos) - Frías (castelo), igrexas, cascadas de Tobera - Mosteiro de Oña - Poza de la Sal.

3-4-5-6 maio:
A Rioxa:
Ademais da capital Logroño (hotel) (con catedral, conxunto histórico e un interesante Museo...), visita a lugares históricos, vinculados ás veces ó Camiño de Santiago, como Sta. Mª de Nájera, Haro, mosteiros Suso e Yuso en S. Millán de la Cogolla, Sto. Domingo de la Calzada, e a alavesa Laguardia, etc, sempre en terras de bo viño. 

27 maio
Por terras Ártabras, de S. Sadurniño a Valdoviño por Cedeira:
- San Sadurniño (antiga igrexa-convento) e Castelo de Naraío - Castelo de Moeche - Cedeira (núcleo histórico e restos do castelo) - Espazo natural da Lagoa da Frouxeira e Valdoviño. 

9-10-11 xuño:
Entre Asturias e Cantabria e ás beiras do río Deva, Panes, Desfiladeiro de La Hermida, igrexa prerrománica e románica de Sta. Mª de Lebeña, igrexa de Sta. Mª la Real de Piasca, mosteiro de Sto. Toribio de Liébana, vila histórica de Potes, Picos de Europa en Fuente Dé, Llanes e Ribadesella.

21 outubro:
Festa dos Socios e pulpada: Visita ás Termas e ponte romana de Lugo, pulpada en Portomarín (con homenaxe a Xesús Mato), igrexa medieval de Mosteiro (Guntín)...

9-10-11 novembro:

Por terras de Valladolid e Segovia: de Medina del Campo a Sepúlveda: Medina del Campo - vila amurallada de Olmedo – vila romana e museo de Almenara de Adaja-Puras - Cuéllar co seu castelo-palacio - conxunto histórico da vila de Sepúlveda (hotel) - Parque Natural das ‘Hoces’ do río Duratón - igrexa-castelo de Turégano...

1 decembro:

Románico e Barroco polas terras de Boborás e O Carballiño: Igrexas románicas de Boborás, Moldes (e Pazo de Losada Diéguez), e Cameixa (e castro de Cameixa?) - Pazo e igrexa con pinturas murais de Banga – Conxunto histórico-artístico de Pazos de Arenteiro - Termas de Brués? e/ou das Caldas de Partovia?
 

VIAXES PARA 2017

28-29 xaneiro
* Avilés e comarca: Vilas mariñeiras de Víavélez, Puerto de Vega e Cudillero, conxunto histórico de Avilés (rúas asoportaladas, prazas e parques, igrexas medievais...; hotel), cemiterio romántico de La Carriona, etc. Na súa comarca próxima, a interesante igrexa románica de Manzaneda, a Paraxe natural protexida do Cabo Peñas e, máis aló, Luanco co seu curioso e ben posto Museo Marítimo, Candás...

19 febreiro
* Da Serra da Loba á Ría de Betanzos: Mosteiro de Monfero e terras altas de Irixoa, castelo dos Andrade (Nogueirosa), igrexa de S. Miguel de Breamo (Pontedeume), igrexa do antigo mosteiro de S. Salvador de Bergondo, Pazo de Mariñán, miradoiro e capela da Espenuca (Coirós) sobre o río Mandeo.

26 marzo
* Polo curso do Eo, da Marronda á Pontenova: Bosque da Marronda – núcleos etnográficos de Martín e Santalla de Piquín – o Eo e o Rodil no seu Montefurado – Ribeira de Piquín (xantar) – seguindo o Eo ata a Pontenova (os Fornos, santuario de Conforto...).

 22-23 abril

* Polo Sur de Ourense, do val de Monterrei á Raia Seca: Imos ata os lindeiros da fronteira portuguesa, á histórica Raia Seca, gozando do val do Támega por Verín (hotel?) e Monterrei, coas interesantes igrexas de Vilaza, Mixós ou A Retorta, e achegándonos tamén ó Castro da Saceda en Cualedro e ás terras montesías de interese arqueolóxico, histórico e etnográfico- de Baltar, Rubiás dos Mixtos e Randín ou dos portugueses Montalegre, Pitões das Junias e Tourem, ata chegar ó encoro de Salas para seguir logo o Limia ata Xinzo.

11-12-13-14 maio
* Extremadura verde, monumental e etnográfica: Hervás, vila histórico-etnográfica de tradición xudía, Parque Natural de Monfragüe, vila histórica de Trujillo (hotel), Mosteiro dos cartuxos de Guadalupe, Badajoz (murallas, catedral, museos), cidade romana e medieval de Elvas (Portugal), Plasencia (núcleo histórico, catedral e museo téxtil).

8-9-10-11 xuño
* Portugal, pola Beira Litoral: Leiría, co seu castelo e núcleo histórico, mosteiros de Alcobaça e da Batalha, Caldas da Rainha (hotel), Convento templario de Tomar, vila histórica e etnográfica de Óbidos, espacio natural do Cabo de Peniche, antigo núcleo etnográfico-pesqueiro de Nazaré, etc.

15 outubro
* Festa do socio: Meira (Sala das Reliquias do mosteiro, restaurada), xantar e paseo no Mazo da Ferreira Vella (Riotorto), Croa das Rodrigas, Bretoña... 

* 28 outubro
“Pulpada dos Socios”: Ás 12 h., visita ás novas instalacións do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo e posterior ‘pulpada’ do Clube.
 
12 novembro
* Museos de Santiago: Museo do Pobo Galego no antigo convento de S. Domingos de Bonaval co Panteón de Galegos Ilustres, as novas instalacións do Museo de Historia Natural no parque de Vista Alegre e  Pazo de Xelmírez, Catedral e Museo.
 

VIAXES PARA 2016

29-31 xaneiro
* Madrid – Alcalá de Henares: ‘Museo Arqueológico Nacional’, Museo de Artes Decorativas  e Alcalá de Henares, cidade Patrimonio da Humanidade.

6 marzo

* Terras de Dozón e Deza: Pendellos da Feira de Agolada, igrexa de Ventosa,  Mosteiro de Dozón, Museo-Colección etnográfica da Casa do Patrón, Pazo de Liñares.

1-3 abril
* Valladolid:  Medina de Rioseco, Urueña.

24 abril

* En colaboración coa Sociedade Filharmónica de Lugo, concerto na igrexa do antigo Mosteiro de Sta. Mª de Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, S. Pedro de Rocas (Esgos).

 5-8 maio

* As cidades de Cuenca:  Uclés, Cuenca, ‘Ciudad Encantada’,  Segóbriga.

16 outubro
* Pulpada dos socios en Monterroso, con viaxe pola comarca da Ulloa.

 22-23 outubro

* Pola ruta arousá de Ramón Mª del Valle Inclán: Percorremos os lugares vinculados á vida do escritor en Galicia.

13 de novembro

* Derradeira viaxe do ano. Festa do socio, con posible magosto. Andaina por terras de Castroverde.


VIAXES PARA 2015

22 de febreiro
* De novo pola Terra Chá.
Casa Museo de Manuel María - Cruceiro do Trobo - Torre de Caldaloba - Vilalba (Museo de Arqueoloxía e Prehistoria. Lembranza de Bernardo García Cendán).

22 de Marzo
* Do Avia ao Tea pasando pola Serra do Faro de Avión.
Mosteiro de San Clodio de Leiro - Igrexa de Serantes - Avión (o “México galego”) - O Covelo (núcleos etnográficos) - Mosteiro de Melón.

25 e 26 de abril
* Occidente Asturiano.
Grandas de Salime – Puerto del Palo e Pola de Allande - Igrexa de Celón e Castro de San Chuís  – Tineo - Salas - Igrexa de Santianes de Pravia e Cova prehistórica de S. Román de Candamo.

28, 29, 30 e 31 de maio
* Arribes do Douro e Ciudad-Rodrigo.
Mosteiro cisterciense de Moreruela, Zamora, igrexa visigótica de S. Pedro de la Nave, Ciudad Rodrigo (conxunto histórico), Arribes do Douro (de Saucelle a Aldeadávila  pasando por Freixo de Espada á Cinta e paseo en catamarán), S. Felices de los Gallegos (castelo), Lumbrales  e Castro celtibérico de Las Merchanas, Gravados rupestres e Centro de Interpretación de Siega Verde.

13 e 14 de xuño
* Tras das pegadas de San Froilán na ruta leonesa. Valdepiélagos, Nocedo de Curueño, Valdorria, León, Ruitelán.
  Hotel en León. As persoas que queiran subir nos montes de Valdorria a chamada “Escalinata de San Froilán” deberán levar roupa e calzado adecuados.

28 de xuño
* Festa do socio. Igrexas de Santiago de Adelán  e San Vicente da Lagoa, castelo e capela do Castro de Ouro - Xantar do socio no restaurante O Frenazo (A Seara-Alfoz).  Finca Galea (Museo da Auga) , San Martiño de Mondoñedo.

27 de setembro
* Arqueoloxía no Salnés. Castro de Besomaño (Ribadumia) , Conxunto arqueolóxico da Lanzada, vila e necrópole tardorromana do Adro Vello (S. Vicenzo do Grove),  Mosteiro  de Sta. Mª de Armenteira.

24 e 25 de outubro
* Asturias: Centro de Arte Contemporánea de Niemeyer en Avilés, Parque natural e arqueolóxico da Campa do Cabo Torres, conxunto das termas de Campo Valdés e  restos das murallas romanas de Cimadevilla. Na xornada do domingo Museo do Ferrocarril,  etnográfico Museu del Pueblu d’Asturies, r igrexas prerrománicas do Monte Naranco de Oviedo e Vila romana de Veranes.

7 de novembro
* Pulpada anual do socio.  Visita  á  Sala arqueolóxica da Porta Miñá e á  Fonte de Pinguela.
Xantar no Restaurante Fonte do Rei 2,
 
 VIAXES PARA 2014

16 de febreiro 
* Pontevedra. Novas instalacións do Museo, conxunto histórico, A Peregrina, Sta. María..., mosteiro de S. Benitiño de Lérez.

6 de abril
* Mariña occidental lucense e ría de Ortigueira: Castro da Atalaia de San Cibrao – Bares - Punta dos Prados de Espasante – Ortigueira - Serra da Faladoira – Lago das Pontes...

30 abril - 4 maio
* Navarra (Pamplona – Tafalla e Castelo de Olite – Cidade romana de Andelos - Puente la Reina - Igrexa de Eunate - Estella – Mosteiro de Irache).

25 maio
* Viaxe polas terras do Guitiriz de Xosé Mª Díaz Castro.
Lugares e paisaxes que foron referencia para a inspiración poética do autor: Aldea e casa natal do Vilariño dos Vilares, igrexa e adro do Buriz, pinturas da igrexa de Labrada, ponte, fonte e igrexa de S. Alberte...
Complementado con breve charla de Alfonso Blanco e cancións de Mini e Mero.

7 – 8 Xuño   
* Costa da Morte: Museo da Olería de Buño - Castro de Borneiro e Dolmen de Dombate – Camariñas – Muxía (Virxe da Barca e mosteiro de Moraime) - Cee e Corcubión – Fisterra (hotel?) – Cascada do Ézaro - Carnota e Lira – Monte e lagoa de Louro - Muros (conxunto histórico, Muíño de marea do Cachón).

22 xuño 2014
*  Festa do socio, na Torre Vilariño (O Saviñao, con visita ao Ecomuseo de Arxeriz-Fión).

26-27-28 de setembro
* Arqueoloxía, Arte e Etnografía polo Norte de Portugal:
Penafiel (vila e Museo Municipal) con aloxamento no  HOTEL PENAFIEL PARK HOTEL-SPA 4****, dúas noites con almorzo e  circuíto diario gratuíto de spa (piscina hidrodinámica, sauna, jacuzzi, baño turco e ducha con chorros), igrexa-mosteiro de Paço de Sousa, aldea etnográfica de Quintandona, Monte Córdova (santuario e castro do Padrão) e regreso pola Póvoa de Varzim (vila e Museo etnográfico).

19 de outubro  
* Castro e Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de S. Cibrán de Las – Ribadavia
(Museo Etnolóxico?, conxunto histórico: castelo, igrexas de S. Domingos e Santiago...).
 
8  novembro

* Pulpada do socio, no Catro Rúas, con visita posterior ao MIHL.

16  novembro
* Museos de Monforte de Lemos (Escolapios, Ferrocarril e Clarisas…).

VIAXES  PARA 2013

20 xaneiro
* Viaxe complementario de conferencia sobre Sta. Eulalia de Bóveda: Bóveda, castros de Prógalo e Corvazal, igrexas de Seoane do Alto, Bacurín, S. Román e Sta. Cruz da Retorta (con posible xantar no mesón de Crecente).

17 febreiro
* O Barbanza: Rianxo (casco histórico, castelo da Lúa...) - Castro do Neixón (Boiro) – Noia - Mosteiro e fervenza de Toxosoutos. 

7 abril
* Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro – Mosteiro de Aciveiro – .

10 (venres tarde) 11 e 12 maio

* Reinosa (hotel) - cidade romana de Iuliobriga - Aguilar de Campóo (Mosteiro e Centro do Románico) – Igrexa románica de Cervatos e rupestre de Olleros de Pisuerga.

2 de xuño
* Ruta no Catamarán de Belesar (encoro dos Peares) e igrexas da ribeira de Chantada: S. Salvador de Asma, Camporramiro e Nogueira de Miño.

23 de xuño
* Festa do socio: Pedregal de Irimia, Mosteiro de Meira, Castro de Rei. Xantar no Muíño de Monelos e paseo polas beiras do Azúmara. Data límite para anotarse, 18 de xuño.

20-21-22 de setembro
* Burgos: Xacemento prehistórico de Atapuerca, Museo de la Evolución Humana, Mosteiro de Las Huelgas e Cartuja de Miraflores.

20 de outubro
* Explotacións auríferas romanas. Montefurado e O Courel. Regreso por Pedrafita do Cebreiro.

9 de novembro
* Patrimonio e gastronomía. Domus do Mitreo e "pulpada do socio".

10 de novembro

* Castros do oriente lucense. Taramundi, As Grobas e Fazouro, con Rinlo e Mondoñedo.