VIAXES / PROGRAMACIóNInicio

VIAXES PARA 2017

28-29 xaneiro
* Avilés e comarca: Vilas mariñeiras de Víavélez, Puerto de Vega e Cudillero, conxunto histórico de Avilés (rúas asoportaladas, prazas e parques, igrexas medievais...; hotel), cemiterio romántico de La Carriona, etc. Na súa comarca próxima, a interesante igrexa románica de Manzaneda, a Paraxe natural protexida do Cabo Peñas e, máis aló, Luanco co seu curioso e ben posto Museo Marítimo, Candás...

19 febreiro
* Da Serra da Loba á Ría de Betanzos: Mosteiro de Monfero e terras altas de Irixoa, castelo dos Andrade (Nogueirosa), igrexa de S. Miguel de Breamo (Pontedeume), igrexa do antigo mosteiro de S. Salvador de Bergondo, Pazo de Mariñán, miradoiro e capela da Espenuca (Coirós) sobre o río Mandeo.

26 marzo
* Polo curso do Eo, da Marronda á Pontenova: Bosque da Marronda – núcleos etnográficos de Martín e Santalla de Piquín – o Eo e o Rodil no seu Montefurado – Ribeira de Piquín (xantar) – seguindo o Eo ata a Pontenova (os Fornos, santuario de Conforto...).

 22-23 abril

* Polo Sur de Ourense, do val de Monterrei á Raia Seca: Imos ata os lindeiros da fronteira portuguesa, á histórica Raia Seca, gozando do val do Támega por Verín (hotel?) e Monterrei, coas interesantes igrexas de Vilaza, Mixós ou A Retorta, e achegándonos tamén ó Castro da Saceda en Cualedro e ás terras montesías de interese arqueolóxico, histórico e etnográfico- de Baltar, Rubiás dos Mixtos e Randín ou dos portugueses Montalegre, Pitões das Junias e Tourem, ata chegar ó encoro de Salas para seguir logo o Limia ata Xinzo.

11-12-13-14 maio
* Extremadura verde, monumental e etnográfica: Hervás, vila histórico-etnográfica de tradición xudía, Parque Natural de Monfragüe, vila histórica de Trujillo (hotel), Mosteiro dos cartuxos de Guadalupe, Badajoz (murallas, catedral, museos), cidade romana e medieval de Elvas (Portugal), Plasencia (núcleo histórico, catedral e museo téxtil).

8-9-10-11 xuño
* Portugal, pola Beira Litoral: Leiría, co seu castelo e núcleo histórico, mosteiros de Alcobaça e da Batalha, Caldas da Rainha (hotel), Convento templario de Tomar, vila histórica e etnográfica de Óbidos, espacio natural do Cabo de Peniche, antigo núcleo etnográfico-pesqueiro de Nazaré, etc.

15 outubro
* Festa do socio: Meira (Sala das Reliquias do mosteiro, restaurada), xantar e paseo no Mazo da Ferreira Vella (Riotorto), Croa das Rodrigas, Bretoña...  

12 novembro
* Museos de Santiago: Museo do Pobo Galego no antigo convento de S. Domingos de Bonaval co Panteón de Galegos Ilustres, as novas instalacións do Museo de Historia Natural no parque de Vista Alegre e do Museo das Peregrinacións e de Santiago na praza de Praterías. 
 

VIAXES PARA 2016

29-31 xaneiro
* Madrid – Alcalá de Henares: ‘Museo Arqueológico Nacional’, Museo de Artes Decorativas  e Alcalá de Henares, cidade Patrimonio da Humanidade.

6 marzo

* Terras de Dozón e Deza: Pendellos da Feira de Agolada, igrexa de Ventosa,  Mosteiro de Dozón, Museo-Colección etnográfica da Casa do Patrón, Pazo de Liñares.

1-3 abril
* Valladolid:  Medina de Rioseco, Urueña.

24 abril

* En colaboración coa Sociedade Filharmónica de Lugo, concerto na igrexa do antigo Mosteiro de Sta. Mª de Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, S. Pedro de Rocas (Esgos).

 5-8 maio

* As cidades de Cuenca:  Uclés, Cuenca, ‘Ciudad Encantada’,  Segóbriga.

16 outubro
* Pulpada dos socios en Monterroso, con viaxe pola comarca da Ulloa.

 22-23 outubro

* Pola ruta arousá de Ramón Mª del Valle Inclán: Percorremos os lugares vinculados á vida do escritor en Galicia.

13 de novembro

* Derradeira viaxe do ano. Festa do socio, con posible magosto. Andaina por terras de Castroverde.


VIAXES PARA 2015

22 de febreiro
* De novo pola Terra Chá.
Casa Museo de Manuel María - Cruceiro do Trobo - Torre de Caldaloba - Vilalba (Museo de Arqueoloxía e Prehistoria. Lembranza de Bernardo García Cendán).

22 de Marzo
* Do Avia ao Tea pasando pola Serra do Faro de Avión.
Mosteiro de San Clodio de Leiro - Igrexa de Serantes - Avión (o “México galego”) - O Covelo (núcleos etnográficos) - Mosteiro de Melón.

25 e 26 de abril
* Occidente Asturiano.
Grandas de Salime – Puerto del Palo e Pola de Allande - Igrexa de Celón e Castro de San Chuís  – Tineo - Salas - Igrexa de Santianes de Pravia e Cova prehistórica de S. Román de Candamo.

28, 29, 30 e 31 de maio
* Arribes do Douro e Ciudad-Rodrigo.
Mosteiro cisterciense de Moreruela, Zamora, igrexa visigótica de S. Pedro de la Nave, Ciudad Rodrigo (conxunto histórico), Arribes do Douro (de Saucelle a Aldeadávila  pasando por Freixo de Espada á Cinta e paseo en catamarán), S. Felices de los Gallegos (castelo), Lumbrales  e Castro celtibérico de Las Merchanas, Gravados rupestres e Centro de Interpretación de Siega Verde.

13 e 14 de xuño
* Tras das pegadas de San Froilán na ruta leonesa. Valdepiélagos, Nocedo de Curueño, Valdorria, León, Ruitelán.
  Hotel en León. As persoas que queiran subir nos montes de Valdorria a chamada “Escalinata de San Froilán” deberán levar roupa e calzado adecuados.

28 de xuño
* Festa do socio. Igrexas de Santiago de Adelán  e San Vicente da Lagoa, castelo e capela do Castro de Ouro - Xantar do socio no restaurante O Frenazo (A Seara-Alfoz).  Finca Galea (Museo da Auga) , San Martiño de Mondoñedo.

27 de setembro
* Arqueoloxía no Salnés. Castro de Besomaño (Ribadumia) , Conxunto arqueolóxico da Lanzada, vila e necrópole tardorromana do Adro Vello (S. Vicenzo do Grove),  Mosteiro  de Sta. Mª de Armenteira.

24 e 25 de outubro
* Asturias: Centro de Arte Contemporánea de Niemeyer en Avilés, Parque natural e arqueolóxico da Campa do Cabo Torres, conxunto das termas de Campo Valdés e  restos das murallas romanas de Cimadevilla. Na xornada do domingo Museo do Ferrocarril,  etnográfico Museu del Pueblu d’Asturies, r igrexas prerrománicas do Monte Naranco de Oviedo e Vila romana de Veranes.

7 de novembro
* Pulpada anual do socio.  Visita  á  Sala arqueolóxica da Porta Miñá e á  Fonte de Pinguela.
Xantar no Restaurante Fonte do Rei 2,
 
 VIAXES PARA 2014

16 de febreiro 
* Pontevedra. Novas instalacións do Museo, conxunto histórico, A Peregrina, Sta. María..., mosteiro de S. Benitiño de Lérez.

6 de abril
* Mariña occidental lucense e ría de Ortigueira: Castro da Atalaia de San Cibrao – Bares - Punta dos Prados de Espasante – Ortigueira - Serra da Faladoira – Lago das Pontes...

30 abril - 4 maio
* Navarra (Pamplona – Tafalla e Castelo de Olite – Cidade romana de Andelos - Puente la Reina - Igrexa de Eunate - Estella – Mosteiro de Irache).

25 maio
* Viaxe polas terras do Guitiriz de Xosé Mª Díaz Castro.
Lugares e paisaxes que foron referencia para a inspiración poética do autor: Aldea e casa natal do Vilariño dos Vilares, igrexa e adro do Buriz, pinturas da igrexa de Labrada, ponte, fonte e igrexa de S. Alberte...
Complementado con breve charla de Alfonso Blanco e cancións de Mini e Mero.

7 – 8 Xuño   
* Costa da Morte: Museo da Olería de Buño - Castro de Borneiro e Dolmen de Dombate – Camariñas – Muxía (Virxe da Barca e mosteiro de Moraime) - Cee e Corcubión – Fisterra (hotel?) – Cascada do Ézaro - Carnota e Lira – Monte e lagoa de Louro - Muros (conxunto histórico, Muíño de marea do Cachón).

22 xuño 2014
*  Festa do socio, na Torre Vilariño (O Saviñao, con visita ao Ecomuseo de Arxeriz-Fión).

26-27-28 de setembro
* Arqueoloxía, Arte e Etnografía polo Norte de Portugal:
Penafiel (vila e Museo Municipal) con aloxamento no  HOTEL PENAFIEL PARK HOTEL-SPA 4****, dúas noites con almorzo e  circuíto diario gratuíto de spa (piscina hidrodinámica, sauna, jacuzzi, baño turco e ducha con chorros), igrexa-mosteiro de Paço de Sousa, aldea etnográfica de Quintandona, Monte Córdova (santuario e castro do Padrão) e regreso pola Póvoa de Varzim (vila e Museo etnográfico).

19 de outubro  
* Castro e Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de S. Cibrán de Las – Ribadavia
(Museo Etnolóxico?, conxunto histórico: castelo, igrexas de S. Domingos e Santiago...).
 
8  novembro

* Pulpada do socio, no Catro Rúas, con visita posterior ao MIHL.

16  novembro
* Museos de Monforte de Lemos (Escolapios, Ferrocarril e Clarisas…).

VIAXES  PARA 2013

20 xaneiro
* Viaxe complementario de conferencia sobre Sta. Eulalia de Bóveda: Bóveda, castros de Prógalo e Corvazal, igrexas de Seoane do Alto, Bacurín, S. Román e Sta. Cruz da Retorta (con posible xantar no mesón de Crecente).

17 febreiro
* O Barbanza: Rianxo (casco histórico, castelo da Lúa...) - Castro do Neixón (Boiro) – Noia - Mosteiro e fervenza de Toxosoutos. 

7 abril
* Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro – Mosteiro de Aciveiro – .

10 (venres tarde) 11 e 12 maio

* Reinosa (hotel) - cidade romana de Iuliobriga - Aguilar de Campóo (Mosteiro e Centro do Románico) – Igrexa románica de Cervatos e rupestre de Olleros de Pisuerga.

2 de xuño
* Ruta no Catamarán de Belesar (encoro dos Peares) e igrexas da ribeira de Chantada: S. Salvador de Asma, Camporramiro e Nogueira de Miño.

23 de xuño
* Festa do socio: Pedregal de Irimia, Mosteiro de Meira, Castro de Rei. Xantar no Muíño de Monelos e paseo polas beiras do Azúmara. Data límite para anotarse, 18 de xuño.

20-21-22 de setembro
* Burgos: Xacemento prehistórico de Atapuerca, Museo de la Evolución Humana, Mosteiro de Las Huelgas e Cartuja de Miraflores.

20 de outubro
* Explotacións auríferas romanas. Montefurado e O Courel. Regreso por Pedrafita do Cebreiro.

9 de novembro
* Patrimonio e gastronomía. Domus do Mitreo e "pulpada do socio".

10 de novembro

* Castros do oriente lucense. Taramundi, As Grobas e Fazouro, con Rinlo e Mondoñedo.