CINE / PRINCIPIOS E CRITERIOSInicio

 O Clube Cultural Valle-Inclán vén programando cine desde o 4 de marzo de 1966 na procura de:

  • Valorar o Cine como forma de expresión artística
  • Fomentar e difundir a cultura cinematográfica.
  • Seleccionar e divulgar a filmografía na que os valores artísticos, culturais e sociais primen sobre o feito comercial.
  • Proxectar filmes atendendo á variedade, desde os clásicos ás máis novas tendencias, inéditos na carteleira local.
  • Planificar ciclos de nacionalidades diversas que nos acheguen a outras culturas.
  • Informar a través de fichas, folletos e follas de sala para apoiar o significado e valor das exhibicións.
  • Programar actividades que complementen as proxeccións (conferencias, debates, “leccións de cine”…).

 O Valle-Inclán é membro da Federación de Cineclubes de Galicia e, ademais, mantén contactos e colaboracións con varias embaixadas e entidades no eido da “sétima arte”.