CINE / PROGRAMACIóNInicio

De tertulia con Valle-Inclán De tertulia con Valle-Inclán / Día 30 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: José Luis García Sánchez
País: España
Ano: 2011
Xénero: Documental
Duración: 45 minutos
Produtores: Acción Cultural Española
Produción: GONA
Guión: Silvio Martínez Vicente

INTÉRPRETES: Juan Diego, Juan Luis Galiardo, Xerardo Pardo de Vera, Javier Godino, Fátima Rey.

SINOPSE:

GONA rodou o retrato audiovisual sobre Don Ramón María del Valle-Inclán, dirixido por José Luis García Sánchez  por encaraga da Sociedad Estatal de Acción Cultural.
En 2011 cumpríronse os 78 anos do pasamento de Valle-Inclán. Aínda que poida parecer un  bo momento para recoñecer a figura do escritor galego, GONA aborda este proxecto pola necesidade de dar a coñecer a figura dun dos xenios da Literatura española, á marxe de efeméride ningunha. De feito, GONA xa produciu para TVE a triloxía Martes de Carnaval, que comprende As galas do defunto, Os cornos de Don Friolera e A filla do capitán.

“Este que vedes aquí” é, en palabras de García Sánchez, unha biografía imprescincible para “achegar ao noso público eses sinais de identidade cultural que son os nosos autores”. Por iso, o director considera que a figura de Valle-Inclán, “apenas tratada no terreo audiovisual, debe ser dada a coñecer antes e á marxe de centenarios. Para que cando chegue a ocasión, exista un repertorio amplo e contrastado de materiais audiovisuais”.
O documental pon o foco nos personaxes de ficción creados por  Valle-Inclán, eles son os encargados de explicar a figura do xenio, reflexionar sobre as súas obras,  comentar as súas declaracións, as súas conferencias e expoñer as súas vivencias.  Juan Diego e Juan Luis Galiardo son os encargados de dar vida a Don Juan Manuel de Montenegro e ao Marqués de Bradomín. Xunto a eles, como narrador, Javier Godino e a actriz Fátima Rey. Xerardo Pardo de Vera, coñecido admirador e estudoso da obra valleinclaniana, expresidente do Club Cultural Valle-Inclán, é o encargado de interromper o diálogo entre ambos os dous e os seus respectivos monólogos.

Completan o documental  os escritores Suso de Toro, Manuel Rivas e Ignacio Amestoy; os estudiosos de Valle-Inclán: Margarita Sánchez Zas, Jesús Rubio Jiménez, Javier Serrano, Pepi Bauló, Ángela Ena Bordonada, Julia Labrador, Alberto Insúa y José Luis García Barrientos e o  periodista Manolo Gómez.

www.accioncultural.es/es/actividades/de-tertulia-con-valle-inclan