CINE / PROGRAMACIóNInicio

Homes de xeo: galegos na Antártida Homes de xeo: galegos na Antártida / Día 21 de Febreiro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Carlos Prado Pampín
País: España
Ano: 2017
Xénero: Documental
Duración: 42 minutos
Guión: Carlos Prado Pampín
Dirección de Fotografía: Carlos Prado Pampín
Montaxe: Vladimir Nogales
Música: Torsten Hentschel

SINOPSE:

 O  buque  de  investigación  oceanográfico  Hespérides  navega  cada  ano  á Antártida para realizar diferentes investigacións científicas. A 15.000 quilómetros de Galicia, os mariños e os homes de ciencia do barco da Armada conviven durante meses para obter datos sobre o quecemento global, o desxeo, os glaciares… boa parte desas persoas que adican a súa vida a mellorar o coñecemento do noso planeta son galegos. Máis dun terzo da tripulación do Hespérides procede de Galicia. Por iso, o Hespérides é un pequeno anaco da nosa terra entre os icebergs do polo sur.
O documental Homes de xeo, narra, a través da experiencia e as voces de tres galegos, o xefe de cociña do barco, un científico, e o patrón de embarcacións do Hespérides, como é a vida na Antártida, o traballo que alí desempeñan, as marabillas que agocha o polo sur, as consecuencias do cambio climático e a morriña que senten tan lonxe da casa. Un traballo que pretende valora-la vida dos galegos en alta mar, como é o seu traballo entre o xeo ao mesmo tempo que amosa-la importancia que ten a Antártida para a saúde do planeta e como o quecemento global comeza a afectar a esta paisaxe. Todo a través dos ollos de tres galego

Idioma: Galego

Iniciarase esta sesión coa proxección da curtra de Carlos Prado Pampín A Mano o a Máquina
 

I Am  Not  Your Negro I Am Not Your Negro / Día 27 de Febreiro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Raoul Peck
País: Estados Unidos
Ano: 2016
Xénero: Documental | Racismo
Duración: 93 minutos
Produtores: Velvet Filme
Guión: Raoul Peck (Novela: James Baldwin)
Dirección de Fotografía: Henry Adebonojo, Bill Ross IV, Turner Ross
Música: Aleksey Aygi

INTÉRPRETES: Documentary, James Baldwin

SINOPSE:

En I Am Not Your Negro, o director Raoul Peck reimaxina “ Remember This House”, a obra inacabada do activista polos dereitos dos afroamericanos James Baldwin. Utilizando fragmentos extraídos do libro orixinal, o documental achega unha visión xenuína sobre o racismo en Estados Unidos contada a través das vidas “e posteriores asasinatos” de tres amigos íntimos do autor: Martin Luther King Jr., Medgar Evers e Malcolm X.

Idioma: Castelán

 

PREMIOS: 2016: Premios Óscar: Nomeado a Mellor documental 2016: Festival de Toronto: Premio do Público (Mellor documental) 2016: Premios Independent Spirit: Nomeado a Mellor longametraxe documental 2016: Críticos dos Angeles: Mellor documental 2016: Premios Gotham: Nomeado a Mellor documental 2016: Sindicato de Directores: Nomeado a Mellor director / Documental 2017: British Independent Filme Awards ( BIFA): Nominado a Mellor documental internacional independente.

Lumière! L’aventure  commence Lumière! L’aventure commence / Día 6 de Marzo. Hora: 18:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Thierry Frémaux
País: Francia
Ano: 2016
Xénero: Documental | Documental sobre cinema. Orixes do cinema. Cinema mudo. Século XIX. Anos 1900
Duración: 90 minutos
Produtores: CNC
Guión: Thierry Frémaux
Dirección de Fotografía: (B&W)
Música: Película muda

INTÉRPRETES: Documentary, Thierry Frémaux, Auguste Lumière, Louis Lumière, Martin Scorsese

SINOPSE:

En 1895, Louis e Auguste Lumière inventaron o Cinématographe e rodaron algunhas das primeiras películas da historia da imaxe en movemento. Co seu descubrimento da posta en escena, os travellings de seguimento e mesmo dos efectos especiais e os remakes, tamén inventaron a sétima arte. Entre as súas máis de 1.400 películas, Thierry Frémaux (director do Festival de Cannes desde 2001 e director do Instituto Lumière de Lyon) seleccionou 114. Son obras mestras coñecidas no mundo enteiro ou auténticas perlas ignoradas, todas restauradas e reunidas para conmemorar o legado dos Lumière. Imaxes inesquecibles e unha visión única de Francia e do mundo dos albores da era moderna. Películas fundamentais para comprender o cinema contemporáneo.

VOSE
 

Chavela Chavela / Día 13 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Catherine Gund, Daresha Kyi
País: Estados Unidos
Ano: 2017
Xénero: cumental | Documental sobre música
Duración: 90 minutos
Produtores: Coproducción Estados Unidos-México-España; Aubin Pictures
Dirección de Fotografía: Natalia Cuevas, Catherine Gund, Paula Gutiérrez Orio
Música: Gil Talmi

INTÉRPRETES: Documentary, Chavela Vargas, Pedro Almodóvar, Elena Benarroch, Miguel Bosé, Jose Alfredo Jimenez Jr., Alicia Elena Pérez Duarte, Liliana Felipe, Martirio, Patria Jiménez Flores, Laura García-Lorca, Mariana Gyalui, Eugenia León, Tania Liberd

SINOPSE:

A viaxe alegre, dolorosa, musical e profundamente espiritual de Chavela cara á autoaceptación é o corazón e a alma deste documental. Un detido retrato dunha muller que se atreveu a vestir, falar, cantar e soñar unha vida propia e única. O material inédito desta película, así como as entrevistas coa propia Chavela e os seus contemporáneos, colegas e parellas, deron como resultado un cariñoso retrato dunha artista carismática e excepcional que gañou un nome por si mesma primeiro en México e máis tarde en todo o mundo principalmente pola súa interpretación de rancheiras tradicionais.

Idioma: Castelán