CINE / PROGRAMACIóNInicio

Mirar a la ventana Mirar a la ventana / Día 25 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Colectivo Maduras
País: España
Ano: 2012
Xénero: Documental
Duración: 50 minutos
Produción: Colectivo Maduras
Guión: Colectivo Maduras
Dirección de Fotografía: ,K-niko, Antonio Lancho
Montaxe: Omar A. Razzak
Música: Sara Herculano, Cisco Martínez

INTÉRPRETES: María, Susana, Natalia, Micaela, Nati, Bea, Agustina, Elena, Inma, Mari, Montaña y Mari Carmen

SINOPSE:

Mirar á ventna é un documental que narra a historia de doce mulleres que, na década dos 90, se vincularon ás Campañas de Insumisión en Extremadura, non por afinidade política ou ideolóxica senón afectiva; a excepción de María que participou de ambas as dúas. Plasma dende a voz da muller, ese espazo de resistencia que cada unha delas xerou nas liñas básicas do seu día a día (familia, ámbito social, afectivo ou ideolóxico...) e como isto afectou ás súas vidas.
A orixe da súa vivencia está na actitude vital e participativa de resistencia, oposición e desobediencia aos Exércitos de cada un dos seus familiares e amigos, que se xerara no Estado español, 20 anos atrás, baixo o movemento de Insumisión. Unha forma de desobediencia civil nonviolenta, pública, aberta, política, transformadora, colectiva e ilegal, que buscaba e busca a abolición dos exércitos e de todas as estruturas militaristas e autoritarias, coercitivas, xerárquicas e totalitaristas, presentes e futuras que son utilizadas por aquelas que deteñen o poder para perpetuar a súa inxustiza e inaceptable situación de privilexios sobre os demais.
As mulleres que falan chámanse María, Susana, Natalia, Micaela, Nati, Bea, Agustina, Elena, Inma, Mari, Montaña e Mari Carmen.

www.miraralaventana.com/