CINE / PROGRAMACIóNInicio

La fábrica de nada La fábrica de nada / Día 7 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Pedro Pinho
País: Portugal
Ano: 2017
Xénero: Drama | Trabajo/empleo
Duración: 178 minutos
Produción: Terratreme Filmes
Guión: Tiago Hespanha, Luisa Homem, Leonor Noivo, Pedro Pinho
Dirección de Fotografía: Vasco Viana
Montaxe: José Edgar Feldman, Luisa Homem, Cláudia Rita Oliveira

INTÉRPRETES: Carla Galvão, Dinis Gomes, Américo Silva, José Smith Vargas

SINOPSE:

Os traballadores dunha fábrica decátanse de que a administración está a subtraer materias e mais maquinaria e que preparan masivos despedimentos. Organízanse para evitar o peche da factoría. Filmada in situ con actores profesionais que se infiltran nun mecanismo máis propio da herdanza do cine documental, A Fábrica de Nada é unha das propostas máis renovadoras do cine social que se puideron ver en moito tempo.
VOSE

PREMIOS: 2017: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI - Quincena de realizadores 2017: Festival de Mar del Plata: Selección oficial longametrajes a concurso 2017: Premios Fénix: Mellor montaxe 2017: Festival de Sevilla: Giraldillo de Oro (Mellor película)

O león dorme esta noite O león dorme esta noite / Día 14 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Nobuhiro Suwa
País: Francia, Xapón
Ano: 2017
Xénero: Drama | Cine dentro del cine
Duración: 103 minutos
Produción: FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End
Guión: Nobuhiro Suwa
Dirección de Fotografía: Tom Harari
Montaxe: Martial Salomon
Música: Olivier Marguerit

INTÉRPRETES: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard

SINOPSE:

Jean, un nomeado actor de cine, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista de Los 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.
VOSG

PREMIOS: 2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial

La flauta mágica La flauta mágica / Día 21 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Ingmar Bergman
País: Suecia
Ano: 1975
Xénero: Drama. Musical | Telefilm
Duración: 135 minutos
Produción: Sveriges Radio Productions
Guión: Ingmar Bergman, Emanuel Schikaneder
Dirección de Fotografía: Sven Nykvist
Montaxe: Siv Lundgren
Música: Wolfgang Amadeus Mozart

INTÉRPRETES: Josef Kostlinger, Irma Urrila, Hakan Hagegard, Elisabeth Erikson, Jane Darling

SINOPSE:

Adaptación para a televisión da famosa ópera de Wolfgang Amadeus Mozart, onde o valoroso Tamino intenta rescatar a princesa Pamina do cativerio ao que a ten sometida Sarastro.
VOSE

PREMIOS: 1975: Nominada ao Oscar: Mellor vestiario 1975: Globos de oro: Nominada Mellor película extranxeira 1975: Premios César: Nominada a Mellor película extranxeira

Soñadores Soñadores / Día 28 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Bernardo Bertolucci
País: Francia, Italia, Reino Unido
Ano: 2003
Xénero: Drama | Años 60. Adolescencia. Erótico
Duración: 120 minutos
Produción: Recorded Picture Company (RPC), Peninsula Films, Fiction Films
Guión: Gilbert Adair
Dirección de Fotografía: Fabio Cianchetti
Montaxe: Jacopo Quadri

INTÉRPRETES: Michael Pitt, Louis Garrel, Eva Green, Robin Renucci, Anna Chancellor, Florian Cadiou

SINOPSE:

París, 1968. Nunha manifestación de protesta, un estudante americano, Matthew (Michael Pitt) coñece a obsesa do cine Isabelle (Eva Green) e ao seu irmán xemelgo, Theo (Louis Garrel). Cando os seus bohemios pais deixan París para ir pasar o verán fóra, os xemelgos convidan a Matthew a quedar con eles na casa. Mentres fóra estala a revolución, os tres mozos fican no seu confortable piso xogando a decadentes xogos sexuais. Adaptado da novela The Holy Innocents: A Romance, de Gilbert Adair
VOSE

PREMIOS: 2004: Premios del Cine Europeo: 2 nominacións Premios do público 2003: Premios David di Donatello: Nominada Mellor montaxe

A batalla descoñecida A batalla descoñecida / Día 5 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Paula Cons
País: España
Ano: 2017
Xénero: Documentary
Duración: 70 minutos
Produción: Agallas Films
Guión: Paula Cons
Dirección de Fotografía: Jesés Bello
Montaxe: Guillermo Represa
Música: Sergio Moure De Oteyza

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE: • Hai un episodio histórico agochado ata hoxe en día, o da batalla do volframio que libraron os Aliados contra España durante a Segunda Guerra Mundial. Todo por un mineral estratéxico, o volframio, que o réxime franquista permitiu extraer aos nazis para o seu armamento. Xa é hora de que certos segredos e nomes saian á luz. VO

Sonata de otoño Sonata de otoño / Día 12 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Ingmar Bergman
País: Alemaña
Ano: 1978
Xénero: Drama | Drama psicológico. Familia
Duración: 99 minutos
Produción: Personafilm GmbH Munich
Guión: Ingmar Bergman
Dirección de Fotografía: Sven Nykvist
Montaxe: Sylvia Ingemarsson
Música: Georg Friedrich Händel, Georg Friedrich Händel

INTÉRPRETES: Ingrid Bergman, Liv Ullmann, Lena Nyman, Halvar Björk, Marianne Aminoff, Arne Bang-Hansen, Gunnar Björnstrand, Erland Josephson

SINOPSE: Charlotte, reputada concertista, decide ir visitar a filla, tras anos sen vérense, á casa de campo onde vive coa familia. O afecto inicial vaise transformando en resentimento, ao tempo que saca a relucir vellos enfrontamentos entre as dúas mulleres. VOSE

PREMIOS: 1978: 2 nominacións ao Oscar: Mellor actriz (Ingrid Bergman), guión orixinal 1978: Globos de oro: Mellor película extranxeira 1978: Premios David di Donatello: Mellor actriz extranxeira (Liv Ullmann e Ingrid Bergman) 1978: Premios César: Nominada a mellor película extranxeira 1978: Círculo de Críticos de Nueva York: Mellor actriz (Ingrid Bergman). 3 nominacións