CINE / PROGRAMACIóNInicio

Castas ao Paidre Jacob Castas ao Paidre Jacob / Día 12 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Klaus Härö
País: Finlandia / Suecia
Ano: 2009
Xénero: Drama. Relixión
Duración: 74 minutos
Guión: Klaus Härö, Jaana Makkonen
Dirección de Fotografía: Tuomo Hutri
Montaxe: Samu Heikkilä
Música: Dani Strömback

INTÉRPRETES: Kaarina Hazard Leila, Heikki Nousiainen Padre Jacob, Jukka Keinonen Carteiro, Esko Roine Director do cárcere.

SINOPSE:

Leila é unha asasina condenada a cadea perpetua que, tras doce anos de cárcere, recibe indúlto. Antes de deixar a prisión, un funcionario explícalle que Jacob, un cura rural ancián e cego, solicitou a súa axuda como asistente. Leila acepta este labor, que consiste en axudar ao párroco a responder as cartas dos fieis que solicitan axuda espiritual. Dous mundos radicalmente opostos entrelázanse nesta emotiva historia sobre o perdón, a amizade, o coidado do día a día, as dificultades de facerse maior e o inmenso poder da redención.


 

PREMIOS: 2009: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DO CAIRO, Premio ao mellor guión. Premio Golde Pyramid.

FESTIVAL DE CINEMA DE HUESCA: Premio do Público

2009: LÜBECK NORDIC FILME DAYS, Premio do Público. Premio do Xurado Ecumémico.

Joki  - O río Joki - O río / Día 20 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Jarmo Lampela
País: Finlandia
Ano: 2001
Xénero: Drama. Relixión
Duración: 104 minutos
Produción: Lasihelmi Filmi Oy
Guión: Jarmo Lampela
Dirección de Fotografía: Harri Räty
Música: Petri Nieminen

INTÉRPRETES: Lissa Vouri (Leena), Elina Hoffán (Milja), Sanna Hietala (Anni), Antti Ikkala (Kimmo), Jyri Ojansivu (Janne), Antti Mikkola (Santeri), Heidi Liimatainen (Johanna), Pekka Hannonen (Mikko), Paula Forsgren (nai de Santeri), Jari Virman (Eero).

SINOPSE:

Unha hora de vida dun pequeno pobo produtor de papel, nunha mañá outonal de sábado, cando a barreira do son é rota por un avión do exército. Milja comparte os últimos minutos co seu esposo na cama. Na pizzaría, Leena prepara un romance cos seus compañeiros de traballo. Sufocado pola gripe, Ilporegresa á casa só para confrontar o seu matrimonio. Santeri ármase de valor para coñecer o amante secreto da súa muller; mentres un rapaz busca ao seu pai, quen foxe do seu aniversario número 60. Mentres tanto, no río, Anni, a nai solteira, está a punto de saltar á auga xunto ao seu fillo.

Os tres cuartos da melancolía Os tres cuartos da melancolía / Día 26 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos Deputación Lugo
Director: Pirjo Honkasalo
País: Finlandia.
Ano: 2004
Xénero: Documental.
Duración: 106 minutos
Produción: Kristina Pervilá.
Guión: Pirjo Honkasalo
Dirección de Fotografía: Pirjo Honkasalo.
Montaxe: Niels Pagh Andersen y Pirjo Honkasalo
Música: Sanna Salmenkallio.

SINOPSE:

A  película  retrata  a  vulnerabilidade  da mente  dos nenos que viven  en Chechenia, un  país  inmerso  nunha guerra interminable. A incapacidade dos  adultos para resolvela, dá  orixe a unha xeración que pensa que o odio nace neles mesmos, que non existe necesidade de buscar as causas. Toda a súa vida estarán acompañados pola melancolía  e por imprevistos ataques de odio. Na illa de Kronstadt, fronte a San Petersburgo, fundouse unha academia militar para rapaces orfos. Alí son adestrados como soldados, mentres se lles inculca que os seus inimigos son os chechenos, e só se logran a súa derrota definitiva se converterán en heroes da patria.
 

PREMIOS: 10 premios en festivais internacionais